Roteiro polo Monte Pindo a favor do Parque Natural |
|
|
Domingo, 30. Xaneiro 2011, 09:50 - 16:00
|
|
Temos o pracer de informarvos que a Asociación Monte Pindo Parque Natural vai como tal a súa primeira subida ao Monte Pindo, accedendo por un dos roteiros máis sinxelos, o que parte desde a aldea do Fieiro, no veciño concello de Mazaricos. Este domingo 29 de xaneiro reunirémomos ás 9:30 da mañá da Confraría de Pescadores do Pindo para distribuirnos, coa previsión de comezar o ascenso non máis tarde das 10 da mañá. O descenso emprenderíase a primeira hora da tardiña. Rógase que quen teña interese en participar considere os seguintes aspectos: Aconséllase levar un calzado cómodo e seguro, asi como roupa moi abrigosa, pois aínda que a probabilidade de precipitacións é mínima, prevense temperaturas algo baixas. Almorzaremos no alto do Monte Pindo, polo que cada quen debe levar o seu xantar e bebida. Se ben este roteiro é pouco dificultoso e non dura aló dunha hora, cada quen debe ser consciente das súas propias limitacións personais. Se desexas participar só tes que anotarte en Facebook ou mandar un mail a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Noutra orde de cousas, lembramos que cada vez menos días para colaborar co flashmob do Monte Pindo, e se ben o prazo que se dera ata o día 31 de xaneiro é flexible, non debéramos esperar ao último día e precisamos moitos máis videos.
|
Localización : http://www.montepindo.org/ |
Volver
|