Ciberacción en defensa das praias da Coruña |
|
|
Mércores, 31. Marzo 2010, 08:00
|
|
Defendendo as Praias-CIBERACTÚA!
Desde Defendendo as praias consideramos que a obra de recheo das praias de Riazor, Orzán, Matadero e San Amaro non é necesaria e que as razóns que se están a aducir non xustifican este dano ae medio ambiente e á paisaxe, esta limitación ao uso das praias esta modificación das condicións do baño e este gasto absurdo. Vimos de denunciar estas obras ante as distintas administracións competentes e asímesmo presentamos alegacións ao PXOM da cidade. Reclamamos a paralización inmediata das obras, que se fagan públicos os informes medioambientais relativos a este recheo e que se abandone este proxecto.
CONVIDAMOSTE A MANIFESTAR A TUA OPOSICIÓN A ESTES RECHEOS. A TUA MENSAXE RECIBIRASE DIRECTAMENTE NAS CONTAS DE E-MAIL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, DRAGADOS, XUNTA E COSTAS. Emprega o texto proposto na seguinte LIGAZÓN ou modifícao ao teu xeito (agradeceriamos que de forma educada e respectuosa).
Se precisas máis información podes visitar o noso blog
FAINO XA, ANTES DE QUE SEXAN QUENES DE BLOQUEAR OS ENVIOS Aínda que os teus datos quedarán nunha lista de firmas que presentaremos, non estragues a oportunidade de decirlles o que pensas. |
http://defendendoaspraias.wordpress.com/2010/03/30/ciber-protesta/ |
Volver
|