VI Mercado ecolóxico en defensa da terra en Quilmas |
|
|
Venres, 29. Marzo 2013, 10:00
|
|
Quilmas acolle a IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo. Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde acogollaremos na nosa aldeia un compendio dos diferentes movementos que están a xirar e traballar ao redor da agroecoloxía na Galiza. as labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral. As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra...
Tamén nestes mercados há espazo para o lecer, para desfrutar da contorna descubrindo a aldeia da Curra, as praias antigas de Quilmas e Panchés, o Porto natural de Quilmas, as múltiples cabaceiras que evocan eses tempos onde estaban cheias de alimentos e, polo tanto, cando as leiras eran mosaicos de cultivares coridos perfilados por sebes e muros de pedra.
Dende A Explanada do Campo da Feira, enclavada aos pés do Monte Pindo, accédese a varias rotas para descubrir través de sendeiros antigos, camiños de "a pé" que comunican Quilmas con Caldebarcos ou que suben á Moa (punto máis elevado do macizo con 625 m de altitude)... e pensar que a xente de Quilmas ía no verán até o Chan da Moa coas vacas, por esas ladeiras de pedra, pasando polo Chan das Lamas, pola Casa da Raíña Lupa, polo Chan de Lourenzo e polos Muros de Arriba para chegaren onde se mantiña fresco o pasto verde-mol!!
A vindeira semana poremos á vosa disposición a relación de participantes. Dende a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e da Coop. de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa animámosvos a achegarvos! |
Volver
|