Acción contra as fumigacións en Melide |
|
|
Domingo, 29. Abril 2012, 12:00
|
|
O 29 de abril na feira en Melide a Plataforma contra as fumigacións-Por un futuro sen pesticidas desenvolverá unha acción de protesta, en contra das fumigacións masivas que pretenden facer nos montes de eucaliptos contra a plaga do goníptero cun insecticida que causa entre outras cousas a morte das abellas, fundamentais para realizar a polinización e polo tanto relacionadas directamente coa colleita de alimentos. Os responsables principais desta desfeita son a asociación de fabricantes de pasta de papel (ASPAPEL), que pagan a fumigación, e a Xunta e os concellos que promoven a recollida de sinaturas para que os propietarios autoricen as fumigacións.
Pasearemos pola feira de Melide con máquinas sulfatadoras, máscariñas, e traxes de abelleiros, para chamar a atención. Repartirase o manifesto da plataforma e haberá unha intervención pública explicando o que pretenden facer e porqué nos opoñemos.
Concentración contra as fumigacións dos eucaliptos, en Melide, o día 29 de abril ás 11 horas, na praza do Convento. Procurade levar: sulfatadoras de mochila, traxes de apicultor, afumadores encendidos, letreiros, pancartas... Temos que parar esta atrocidade.
Se queres obter máis información sobre o tema podes visitar o sitio http://fumigacionsnon.org/ Para que non nos tiren veneno por riba maniféstate en Melide o 29! |
Localización : http://fumigacionsnon.org/ |
Volver
|