Manifestación en defensa de Preescolar na Casa |
|
|
Sábado, 26. Novembro 2011, 12:00
|
|
ADEGA apoia a manifestación deste 26-N en Lugo en defensa de Preescolar na Casa
ADEGA apoia a manifestación convocada en Lugo este sábado 26 de novembro, en defensa do programa educativo Preescolar na Casa. O acto comezará ás 12h coa saída da praza de Ferrol (primeira sede de Preescolar na Casa) e concluirá diante da estatua do fundador do proxecto Antonio Gandoy,.
ADEGA rexeita a decisión da Xunta retirar as axudas para pretender eliminar o programa Preescolar na Casa. O resultado: deixar sen atención educativa a 4.000 familias e a perda de 43 postos de traballo no que constitúe un dos ataques máis graves á nosa lingua e ao sistema educativo perpetrado polo governo de Núñez Feijóo.
Dende 1977 Preescolar na Casa leva achegando ás familias un modelo pioneiro de intervención educativa 100% galego, solidario e vertebrador do territorio, un modelo recoñecido e louvado a nivel estatal e europeo. Agora a Xunta do PP pretende, na súa teima por atacar a nosa lingua e identidade cultural, retirarlle as axudas públicas e deixar que Preescolar na Casa esmoreza.
Facemos un chamado á cidadanía galega a participar na manifestación deste venres en Lugo a priol do mantemento deste proxecto educativo e contra este novo atentado da Xunta contra a nosa identidade cultural. |
Volver
|