Concentración en Sarria contra as touradas |
|
|
Domingo, 23. Xuño 2013, 17:00
|
|
A Plataforma Sarria Libre de Touradas, da que fai parte ADEGA, convoca unha manifestación o viondeiro domingo 23 para denunciar a inclusión deste "espectáculo" no programa das festas de San Xoán.
A concentración celebrarase ao lado do Pavillón novo (Rúa Castelao), lugar onde se instalará a praza móbil. O pasado ano xa houbo unha protesta semellante polo financiamento público dos festexos taurinos por parte do Concello. Este ano, o concello quere ir máis aló e propón un encerro taurino, unha carpa andaluza e un concurso de traxes de sevillana, ademáis da tourada. |
Localización : http://sarrialibredetouradas.wordpress.com/ |
Volver
|