Debate da ILP dos 3R no Parlamento e concentración de apoio |
|
|
Martes, 14. Maio 2013, 10:30
|
|
Por segunda vez na historia do Parlamento, este vindeiro martes 14 de maio a partires das 10:30h vaise debater unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre os residuos, co obxecto de que a Xunta cumpra as leis e adique recursos á redución, reutilización, reciclaxe (3Rs) e compostaxe en troques de seguir financiando a incineración de SOGAMA. Co respaldo de case 22.000 galegos e galegas que queremos outra política de xestión de residuos máis ecolóxica e solidaria, o voceiro da Comisión Promotora o prof. Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñaría Química da UDC, subirá á tribuna do Parlamento a defender un ambiental máis san para todos e todas. Acode este martes14 ao Parlamento para amosares o teu apoio á proposta e faille ver á Xunta que a incineración e o vertido que perpetra SOGAMA cos nosos residuos é, ademais de caduco, contaminante e caro, un sistema contrario ás leis que promoven a reciclaxe. Participa na concentración fronte ao Parlamento este martes 14 a partires das 11:30h |
Volver
|