Charla: Minas de ouro nas montañas de Lugo |
|
|
Xoves, 13. Xuño 2013, 08:00
|
|
A Alianza por un Medio Rural Galego Vivo (ADEGA, FRUGA, CIG e Organización Galega de Montes Veciñais) organiza unha charla informativa sobre o proxecto mineiro na montaña de Lugo, este xoves ás 20:00 na casa da cultura de Becerreá
Intervirán:
* Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA
* Gabriel López, membro da dirección nacional de FRUGA
* Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGAMMVV
* Luis Díaz, médico e vogal de saúde ambiental de ADEGA
Le o MANIFESTO polo aproveitamento sustentábel dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante, elaborado pola Alianza e ao que se están incorporando máis organizacións e asociacións.
Agradecemos que fagas chegar este correo ás persoas que penses puideran estar interesadas.
NON AO EXPOLIO DO PAÍS!!
NON Á MEGAMINARÍA CONTAMINANTE!! |
Volver
|