36 Asemblea Xeral de ADEGA |
|
|
Sábado, 17. Decembro 2011, 10:00
|
|
17 de decembro. 36ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ADEGA
Por acordo da Xunta Directiva, a 36ª Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro sábado 17 de decembro. Será en Arzúa, nos locais da Casa da Cultura (Rúa Santiago) en sesión de mañán e tarde.
Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.
ORDE DO DÍA PROVISIONAL. Sábado 17 de decembro de 2011
Mañán (Casa da Cultura):
10.00h: Saúdos e benvida da Presidenta.
10.00-11.00h: Balanzo de 2011. Seguemento das liñas estratéxicas da 35 Asemblea. Informe económico. 11.00-12.00h: Situación organizativa. Delegacións. Altas e baixas. Cambios na Xunta Directiva.
12.00-12.30h: Pausa café.
12.30-13.30h: Liñas estratéxicas e reptos futuros. Apresentación da "Fundación Eira" e do protocolo dos socios/as.
13.30-14.30h: Debate e propostas de resolución.
Tarde (Recinto feiral de Arzúa - Feira Terractiva):
16.30-17.30h: Mesas de traballo, debate e posta en común.
17.30h: Peche.
21.30h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011. Será no restaurante Casa Teodora, tamén en Arzúa. Prezo 15€. Indicade se queredes menú vexetariano ou celíaco.
NOTA: tanto para o xantar como para a cea cómpre apontarse. Telefonade ao local nacional ou mandade un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|