Mobilízate contra os masacres de raposos! |
|
|
Sábado, 29. Xaneiro 2011, 13:00
|
|
Este sábado 29 de xaneiro, imos mobilizarnos de novo contra o "campionato nacional" de matar raposos en PONTE CALDELAS (PO). Dende as 13:00 faremos unha concentración fronte ao concello.
Para máis información, transporte etc. podedes chamar aos teléfones:
650 576 631 de Equanimal (Sara) e 676 750 768 de Matar por Matar, NON (Xulio). As asociacións interesadas en desprazarse ás protestas podedes tamén achegar os vosos conactos.
Grupos ou persoas que queiran ir dende Ferrol e Narón, información en Asociación COMETA, tel. 617 040 992. Grupos ou persoas que queiran ir dende a zona do Barbanza, contactar coa Protectora Moura, tel: 634 533 833 falar con Xosé Carlos.
Actualización: En ADEGA-Compostela quedaremos á 10:30 no local nacional (Travesa dos Basquiños 9, baixo) |
Contacto : http://matarpormatarnon.org/ |
Volver
|