Actividades da Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 4. Decembro 2010, 11:00
|
|
“E I R A D A X O A N A” Ramil (Agolada)
Como probábelmente saberedes, cada primeiro sábado de mes, facemos traballos de acondicionamento e outras actividades na Eira da Xoana.
Este vindeiro sábado imos aproveitar o calendario biodinámico e a boa vontade do noso compañeiro Anxo para facer traballos silvícolas, neste caso de rareo de carballos para uso en construcción alternativa.
Outra das actividades que faremos será a de ollar a contorna e ver de lle tirar o mellor proveito a nível ambiental, facendo fotos ou traendo as que teñamos, que usaremos para ir facendo o “blog da Eira da Xoana” . Tamén podemos colaborar realizando outras actividades de axuda nas que dadaquén pensa que poda ser útil.
Aproveitaremos, aliás, as castañas que ainda quedan para agasllármonos con estes bons froitos do outono, xa a piques de rematar.
Sábado, 4 de decembro
11.00 h Comezo dos traballos
14.30 h Xantar ( empada, queixos da zona, castañas, ..etc)
16.00 h Continuación dos traballos
19.30 h Remataremos os labores e comezaremos a asar as castañas,
namentres se proxecta un vídeo sobre construción de casas de
palla, desfrutamos dun chiculate quentiño e nos quentamos ao
pé da cociña de leña cantando catro cantigas e falando dos
nosos proxectos que queremos compartillar.
NOTAS: Prezo da actividade, aportación solidaria: 5 euros (3 euros, socios/as de ADEGA) Quen estea interesada/o, chame antes do venres aos teléfones: 659 683 384 (Pepe) 638 475 322 (Marcial)
|
Volver
|