Compostaxe comunitaria para as hortas ecolóxicas de Belvís |
|
|
Martes, 24. Abril 2012, 19:00
|
|
Compostaxe comunitaria para as hortas ecolóxicas de Belvis
O próximo martes 24 de abril instalaremos un composteiro comunitario para dar servizo aos residuos orgánicos do usuarios das hortas ecolóxicas de Belvis. Os interesados na técnica da compostaxe poderán asistir a unha charla no centro sociocultural de Fontiñas ás 19:00h. unha educadora ambiental de ADEGA fará unha exposición sobre a compostaxe e os coidados básicos do composteiro.
O composteiro é o complemento ideal para calquera horta, asi poderemos aproveitar tanto os restos vexetais das hortas como os residuos orgánicos da vivenda, convertilos en compost, un fertilizante de calidade e devolver os nutrintes ao solo.
De este xeito xestionamos os residuos no mesmo lugar onde se producen, evitamos o transporte e que rematen en vertedorios ou incinerados, pola contra son recurso e fonte de nutrintes que aumentan a fertilidade das nosas hortas. |
Volver
|