Ciclo de conferenzas Conversa-Ríos en Compostela |
|
|
Xoves, 18. Novembro 2010, 17:30
|
|
Durante o mes de novembro, vai ter lugar o ciclo de conferenzas Conversa-Ríos, na sé de ADEGA - Proxecto Ríos. Son charlas que trataran temáticas relacionadas coa conservación e mellora dos ecosistemas fluviais e/ou sobre aspectos relacionados coas actividades a desenvolver dentro das actividades do Proxecto Ríos. Estos cursos están destinados fundamentalmente aos grupos de voluntarios/as que participan no Proxecto Ríos aínda que están abertos ao público en xeral.
As charlas terán lugar ás 17.30h na sede de ADEGA-Proxecto Ríos (Travesa de Basquiños, 9 baixo, Santiago de Compostela).
PROGRAMACIÓN
Xoves 4. Ríos e xeoloxía. JUAN RAMÓN VIDAL ROMANI. Catedrático de Xeoloxía da UDC.
Mércores 10. Técnicas de Mostraxe. LILIANA GARCIA. Investigadora da UVigo
Xoves 18. Restauración fluvial. ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA DO ENCORO DO CON.
Mercores 24. Fentos e brións. MARTIÑO FIZ. Biólogo de ADEGA
|
Volver
|