37 Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA e cea de Nadal |
|
|
Sábado, 15. Decembro 2012, 10:00 - 19:30
|
|
O vindeiro día 15 de decembro, sábado en Compostela terá lugar a 37ª Asemblea Xeral de ADEGA. Será na Casa das Asociacións, en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30. Ese mesmo día celebraremos tamén a cea anual de confraternización no decurso da cal entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina 2012. Será no restaurante A Moa (Rúa de San Pedro, 32).
ORDE DO DÍA 37 ASEMBLEA ANUAL DE ADEGA
+10 a 10:30: Recepción dos socios/as
+10:30 a 11:15: Informe de actuacións e económico
+11:15 a 12.30: Seguemento e debate das liñas estratéxicas
+12:30 a 12:50: Descanso
+12:50 a 14: Liñas de actuación e campañas 2013. Elección da nova Xunta Directiva. Propostas de resolución
+16.30 a 18: Mesas de traballo
+18 a 18:15: Descanso
+18:15 a 19:30 Posta en común e encerramento |
Volver
|