Encontros na Eira da Xoana: Apresentación de "Herdeiros pola forza" |
|
|
Sábado, 16. Marzo 2013, 11:00
|
|
Este sábado, ademais de aproveitar a xornada pola mañá para rematar con algunha tarefa comunitaria que comezamos na pasada fin de semana (plantar árbores e partir leña), pola tarde, teremos a oportunidade de participar en dúas actividades ben interesantes na contorna da Eira: A presentación do libro «Herdeiros pola forza» e celebración da primeira xornada da iniciativa «Alimentación Consenso».
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira: remataremos de plantar algunhas árbores, apañaremos e partiremos leña.
14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén levará a súa comida para compartir. Poremos queixo, marmelo e café. Aportación solidaria de 3 €.
15.15 h => Desprazaremonos en coche ao Castelo de Pambre onde veremos algún novo xacemento arqueolóxico
16.45 h => Presentación do libro «Herdeiros pola forza», polos autores Xurxo Ayán e Manuel Gago e o editor Antón Lado. Actividade organizada en colaboración coa Asociación Cultural «O Galo».
HERDEIROS POLA FORZA
Presentación número 14 por toda Galicia. 2.0 Editora. Presentan os autores: Xurxo Ayán – Arqueólogo; Manuel Gago – Xornalista e o editor, Antón Lado.
Unha chamada á acción para recuperar o noso inmenso patrimonio cultural no horizonte do século XXI. Xurxo Ayán e Manuel Gago escolman en Herdeiros pola Forza vivencias de quince anos de traballo profesional desde a investigación e a comunicación cultural ao longo de todo o país, escribindo episodios que combinan a reflexión coa acción e un amplo anecdotario vivido e sentido en proxectos e iniciativas.
En Herdeiros pola Forza, Ayán e Gago avogan por transformar un modelo enquistado e esclerotizado de xestión do noso patrimonio cultural, devolvendo ás sociedades a relación coa súa propia memoria, e recuperando o sentido da nosa enorme herdanza e da nosa memoria. A sociedade galega do século XXI: urbana, usuaria das novas tecnoloxías e sometida a fortes procesos de tensión identitaria interna, precisa darlles novos sentidos ao patrimonio cultural. Este libro está escrito desde a crenza en que a nosa sociedade está a cambiar con rapidez, e está converténdose, gradualmente, ela mesma, en protagonista dese proceso de recuperación.
18.00 h => Sairemos de Pambre cara a Albá (ecoaldea Arqueixal), onde vai ter lugar a actividade de «PRATO_DO».
NOTAS:
-
Mais info sobre «PRATO_DO» na páxina de «Son d’aldea».
-
Quen queira pódese anotar en ambas as dúas actividades ou en calquera delas, segundo desexe
|
Contacto : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|