Exposición "Enarborar o bosque" no CEIDA |
|
|
Luns, 22. Agosto 2011, 20:00
|
|
O vindeiro luns 22 DE AGOSTO DE 2011, ás 20 HORAS, terá lugar na Sala de Exposicións do CEIDA, a inauguración da exposición ENARBORAR O BOSQUE, mostra colectiva de 59 artistas promovida polos artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval. Nela se recolle parte das obras realizadas durante a Xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na Carballeira de Chaián, celebrada o pasado 5 de xuño de 2011, co obxectivo de facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e reivindicar a súa protección.
A inauguración contará cun acto poético musical no que participarán Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade; e o poeta e músico Mou de Lugh acompañará con Hang Drum.
Un 10% do recadado pola venda das obras irá á Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte ADEGA.
A exposición permanecerá no Castelo de Santa Cruz ata o 31 de agosto, e poderá visitarse en horario de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 18 a 21 h., e sábados de 11 a 14 h.
Máis información: http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/enarborar-bosque.html |
Localización : http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/enarborar-bosque.html |
Volver
|