Concentración contra os recheos da ría de Ortigueira |
|
|
Domingo, 24. Abril 2011, 12:00
|
|
O domingo 24 de abril ás 12:00 h na alameda da vila.
As obras, consistentes en transvasamento de lamas dunha zona a outra da ría e o recheo da dársena, estanse a facer sen ter en conta as medidas de protección especial previstas para este ámbito. A ría de Ortigueira consta con numerosas figuras de protección: Humidal Ramsar de importancia internacional, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Rede Natura 2000, Humidal Protexida e Zona de Especial Protección dos valores naturais. Todo este historial de medidas de protección prohibe, actuacións como a modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos, o recheo do humidal con calquera tipo de material, a alteración topográfica da súa zona periférica de protección e as infraestruturas, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas e de telefonía, así como a ampliación das existentes. |
Volver
|