Conversarrios 2011 - Visita ás redes de seguemento fluvial |
|
|
Mércores, 9. Novembro 2011, 16:30
|
|
En Galicia existen dúas Redes para o seguemento do estado de saúde das masas de auga. Unha é a chamada Rede CAVE, xestionada por Augas de Galicia e a outra é a Rede SAICA, dependente da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Estas redes, teñen como obxectivo principal proporcionar información sobre a calidade das augas continentais superficiais, e optimizar a súa utilización e dispoñibilidade controlando aqueles treitos que teñan especial interese. Alén de utilizarse como método de vixilancia, son unha ferramenta esencial para a detección de vertidos.
Rede CAVE – Augas de Galicia É unha rede de Calidade de Augas e de Control de Vertidos ao Dominio Público Hidráulico para o control e Vixilancia dos ríos. Conta cun total de 39 estacións distribuídas nas bacías de Galicia Costa.
Rede SAICA – Confederación Hidrográfica Miño-Sil Ao igual que a Rede CAVE permite o diagnóstico de calidade das augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Dispón na conca do Miño-Sil de 13 estacións automáticas de Alerta (EAA).
Dende Proxecto Ríos consideramos moi interesante coñecer o funcionamento destas dúas redes que velan pola saúde dos nosos ecosistemas fluviais. Por iso, enmarcadas dentro do programa Conversarríos 2011, programamos dúas visitas a puntos de control das dúas redes.
O día 9 de novembro en Santiago de Compostela a visita será no río Tambre ás 16:30, onde nos explicarán o funcionamento dunha estación da Rede CAVE.
O día 10 de novembro nos achegaremos ata a provincia de Ourense (ás 16:30) onde coñeceremos outra estación de control localizada no río Miño, neste caso da Rede SAICA.
|
Localización : http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=239&Itemid=29 |
Se estás interesado/a en asistir a estes Conversarríos podes contactar con Proxecto Ríos (escribindo a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou chamando ao 981 57 00 99). É unha actividade gratuíta. Iremos en coches particulares que se poden compartir. |
Volver
|