CONCENTRACIÓN CONTRA A REFORMA CONSTITUCIONAL |
|
|
Sábado, 17. Setembro 2011, 18:00
|
|
A C.I.G, xunto con outras 9 entidades do pais, convoca un acto contra a Reforma da constitución Española o sábado, día 17, ás 18 h., na Praza da Quintana, en Compostela
Distintas entidades do país, a C.I.G., ADEGA, Organización Galega de Montes en Man Común, BNG, FRUGA, Asociación de Escritor@s en Lingua Galega, AS-PG, Galiza Nova, Comités e a Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, diante das graves consecuencias que para a clase traballadora e para a soberanía do noso país vai traer a recente Reforma da Constitución Española, convocan un acto público en formato de concentración-mitin, que terá lugar o vindeiro sábado, día 17 de setembro, ás 18 horas, na Praza da Quintana, en Compostela, e baixo o lema:
GALIZA, POLA SOBERANÍA, OS DEREITOS SOCIAIS E OS SERVIZOS PÚBLICOS. ESTA REFORMA DA CONSTITUCIÓN É UNHA FRAUDE |
Volver
|