Saída de observación de aves na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 4. Xuño 2011, 10:00
|
|
SÁBADO 4 DE XUÑO EN HORARIO DE MAÑÁ: SAíDA PARA A OBSERVACIÓN DE AVES NA COMARCA DO ALTO ULLA
Para esta actividade contaremos cun guía excepcional o ornitólogo Xosé M. Penas Patiño. Sendo co-autor do libro Guía de Aves de Galiza, é unha das persoas que máis coñece sobre aves en toda a Galiza.
PROGRAMA:
10.00h => Saida da Eira da Xoana para a Observación das aves. As persoas que veñan á actividade deben traer prismáticos e roupa axeitada.
13.30 h => Remate da actividade.
Coincidindo con esta actividade haberá en Melide unha xornada sobre O MONTE: OPORTUNIDADE SUSTENTABLE FRONTE A CRISE organizada por ADEGA que continuará a súa programación en horario de tarde. Para ver o programa da Xornada preme Eiquí.
14.00h => Xantar
Nesta ocasión haberá dúas posibilidades para o xantar:
1. Xantar na Eira da Xoana coma de cotío (cadaquén deberá traer a súa comida para compartir)
2. Xantar en Melide coa xente que participa nas Xornadas O MONTE: OPORTUNIDADE SUSTENTABLE FRONTE A CRISE.
Para comer en Melide poñerse en contacto con ADEGA LUGO: 982 24 02 99. O prezo aproximado será de 12 €.
NOTA: Se precisas algunha aclaración, chama aos teléfonos que aparecen no apartado do blogue "Contacta" (Pepe ou Marcial) |
Volver
|