3ª edición do MERCADO ECOLÓXICO- TRADICIONAL "POLA DEFENSA DA TERRA". Coma sempre será en Quilmas, o sábado 1 de Outubro.
O domingo 2 de outubro realizarase tamén en Carnota a IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, actividade á que vos animamos a vir por ser gran interese a concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental, aparte que o percorrido escollido é de gran beleza e merece a pena coñecelo.
PROGRAMA
Sábado 1 de Outubro
Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, mel, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade das 10 da mañá ata a tardiña, con parada para o xantar. Degustación de diferentes variedades de tomate e mel. Música animosa durante todo o día.
Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.
Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais. Posibilidade de facer o xantar na feira xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, e outros produtos caseiros....
Domingo 2 de Outubro POLA MAÑÁ ás 10:30 h.
Saída dende Quilmas para realizar a limpeza dun tramo do río de Vadebois, a actividade terá unha duración de 2 horas aproximadamente.
Esta actividade voluntaria realizarase de xeito simultáneo en 31 concellos galegos e está organizada polo PROXECTO RÍOS (http://limpeza.proxectorios.org/) que leva anos facendo educación ambiental e formando a grupos de persoas que custodian os ríos e fan seguimentos periódicos do seu estado vital. Desta volta, a entidade coordinadora en Carnota é ADEGA-Costa da Morte e, para acudir, precísase de facer unha inscrición previa través dunha chamada ao 697.364.124.
Esta xornada rematará na Lagoa de Caldebarcos onde, conmemorando o Día Mundial das Aves, realizarase un avistamento de paxaros nesta marisma.
Recoméndase levar botas de auga, luvas e prismáticos
PARTICIPANTES no MERCADO:
Horta Dolores (Teo)- Hortalizas e roquillas. Xulio e Belén (Cambre)- Respostería, pemento do couto, empanadas. Raínha Lupa (Quilmas)- Hortalizas, mel, fariñas e pan, conservas e aromáticas. Senra SCG (A Estrada)- Horta e mel. Millo e Landras (Vilasantar)- Queixo fresco, rixós, chourizos e carne de porco celta, horta. Casa do Campo (A Estrada)- Hortalizas, pan, conservas. Finca de Cora (A Estrada)- Hortalizas, pizzas, galletas e conservas. Milhulloa (Palas de Rei)- Herbas menciñeiras e grelos deshidratados e cosmética natural. Carme de Socastro (Socastro- Rois)- Horta e queixos.
Mel Monte Veciñal de Caldebarcos e San Cibrán (Caldebarcos)- Mel AGA (Arzúa)- Mel Santi (Louro)- Mel, requeixo e alimentación ecolóxica.
Asociacións/colectivos ADEGA Sindicato Labrego Galego- SLG Asociación Galega de Apicultura- AGA Monte Pindo Parque Natural ZocaMiñoca- Cooperativa de consumo responsable Implicadas no desenvolvemento- ONG
Artesanía BolaTola (Panchés)- Cosmética natural. xabróns, ungüentos, cremas... Charo (San Mamede)- Cerámica. Charamusca (Canedo)- Cerámica Nacho Porto (Cornido)- Cerámica Cesteiro de Rois- Cesteiría tradicional Francisco (Porto do Son)- Cesteiría tradicional Susana (Quiroga)- Cerámica e mandís con materiais reutilizados. O pano encantado (Ponteceso)- Roupa para nenos. Carme (Louro)- Diademas e adornos con teas reutilizadas.
Outros Menduíña (Cangas)- Cervexa artesá Empanadas de millo (Rois)- Filloas, empanadas, etc... Ánxel (O Carballiño)- Pulpeiría Equisol (Santiago)- Comercio Xusto Queixería Don Gabino (Vilalba)- Queixo de San Simón.
Lembrar que todas as persoas que expoñen neste mercado fan unha produción sustentable e respectuosa co medio e comercializan directamente os seus produtos.
Máis info:
Coop. de Agricultura Ecolóxica
Raínha Lupa
S.Coop.G
Quilmas nº 24- Bx.
15295- CARNOTA
Tlfs. 981 760 227 ou 697 364 124
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|