Manifestación en Muros polo Día Mundial do Medio Ambiente |
|
|
Domingo, 5. Xuño 2011, 12:00
|
|
Este vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ADEGA, en colaboración con outras entidades ecoloxistas, confrarías, entidades sociais e plataformas varias convoca unha manifestación en Muros en defensa das nosas rías. Baixo o lema "COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA" pretendemos chamar a atención da sociedade sobre as múltiples ameazas que pairan sobre estes privilexiados ecosistemas (piscicultura industrial, recheos, urbanización, verteduras, portos deportivos, campos de golf, eólicos...)
En principio, o acto consistirá nun percurso reivindicativo que partiría ás 12h dende o porto de Muros até os muíños de mareas do Pozo Cachón onde dariamos lectura ao un manifesto e celebrariamos un xantar popular.
Para axudarmos na organización e na intendencia deste acto, precisamos da vosa axuda. Se este día queredes saía á rúa en defensa das nosas rías, acudide a Muros a botar unha man.
Poñédevos en contacto co local nacional (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
; 981570099) indicando a vosa dispoñibilidade e deixando os vosos datos -teléfone ou mail- para vos contactar.
Materiais de divulgación:
|
Volver
|