Lume vello na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 3. Xullo 2010, 11:00 - 17:00
|
|
LUME VELLO NA EIRA DA XOANA
Ver mapa GOOGLE MAPS
Ven celebrar connosco a entrada do verao cun lume purificador, facho dos novos tempos que se anuncian para estas terras do Alto Ulla e de Galiza .
Haberá música e bon humor, nesta xornada de convivio e homenaxe á natureza.
SÁBADO, 3 DE XULLO
11.00 h Traballos de acondicionamento na Eira da Xoana
14.00 h Pausa para xantar
16.00 h Roteiro pola contorna da Eira da Xoana
17.30 h Continuación das actividades, pola seguinte orde:
-Comezo da preparación da luminaria
-Asado- preparación das sardiñas, chourizos, torresmos e empada
-Festa- convivio, con queimada e música rachada até á madrugada
NOTAS : Actuará o grupo agolense “Bico da Balouta”
-Prezo da actividade (aportación solidaria) : 5 €; socios/as: 3 €
- As persoas interesadas, chamen antes do día 1 de xullo, ao tf. 638 475 322
- Aloxamentos mais próximos:
www.arqueixal.com
www.pazoeidian.com
www.abolboreta.com |
Volver
|