IV limpeza simultánea de ríos |
|
|
Domingo, 2. Outubro 2011, 10:00
|
|
Este 2 de outubro celebrarase a IV Simultánea de Ríos. Xa levamos organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vos acheguedes ao voso río e recollades ese lixo acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Qué debemos ter en conta
- A limpeza será unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social
- Levade calzado e roupa resistentes.
- Empregade luvas e calzado (botas, zapatos de deporte…) para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc.
- Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
- Dividide o treito en anacos para traballar por zonas, e se sodes un grupo numeroso facede grupos de 2 ou 3 persoas por treito.
- En caso de atopar aceites de coche e outros residuos líquidos, fai falla ir con moito coidado e non facer misturas de produtos.
- Tentade separar os diferentes tipos de lixo para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes e así favorecer a súa reciclaxe.
- Nunca poñades en risco a vosa saúde: é máis importante a vosa vida que a do material a retirar.
- Facede fotos da limpeza e de todo o lixo recollido e divulgade a vosa acción nos medios de comunicación.
- Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos…), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermidades
- O concello facilitará un sistema de transporte para recoller o lixo que almacenaremos nalgún lugar accesible para eles.
Se estás interesado/a en participar podes porte en contacto con nós:
Correo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf. 981 57 00 99 / 669 80 69 08 |
Volver
|