Lugo, a 13 de xullo de 2012. Desde o Foro do Camiño Primitivo, plataforma constituída hai dous anos e da que forma parte ADEGA e outras 26 asociacións e personalidades significadas polo seu compromiso no estudo, recuperación, defensa e promoción da primeira vía de peregrinación a Compostela, denunciamos un novo atropelo contra o patrimonio asociado á vía histórica. Manifestamos o noso pesar e indignación pola recente destrución do coñecido como FORNO DE VALERIANO, situado no lugar máis emblemático do Camiño Primitivo na vila de Fonsagrada, fronte a "Fonte Sacra". A día de hoxe non queda ningún vestixio deste elemento único na vía primitiva. O Foro pide responsabilidades e amosa a súa indignación ante estas agresións, sobre todo, cando se está a tramitar a declaración de Patrimonio Mundial do Camiño Primitivo.
|
Ler máis...
|
12 xullo de 2012. O responsable dos programas Educativos e de voluntariado ambiental do Proxecto Ríos, Ramsés Pérez, participa hoxe na mesa redonda "Especies Exóticas Invasoras e voluntariado en Ríos, presentando o traballo desenvolvido no río Tea ao longo dos últimos 6 anos. Esta xornada terá lugar na sala de exposicións do MAGRAMA, as 12 horas.
|
Ler máis...
|
A Corna, 09 xullo de 2012. Vintecinco voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza déronse cita na Praia da Corna (Pobra do Caramiñal), co obxectivo principal de retirar flora exótica invasora no ecosistema dunar desta praia do Barbanza. ADEGA agradece a participación do voluntariado ambiental nesta actividade, e convoca a próxima actividade do mesmo programa que se celebrará no concello de Porto do Son o día 19 de xullo. Descarrega as Fotos da xornada de voluntariado.
|
Ler máis...
|
5 e 19 de xullo de 2012. A Fundación Biodiversidad ven de seleccionar dúas actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio", xunto con outras 30 actividades en todo o estado. Alén de continuarmos divulgando a problemática das especies invasoras e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. Abrimos o prazo de inscrición para estas dúas xornadas de voluntariado ambiental. Participa na conservación das nosas dunas!
|
Ler máis...
|
|
ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado. Este xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia de Xuño-Muro-Basoña no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ven de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.
|
Ler máis...
|
Lugo, 10 de xullo de 2012. O xoves dia 5 de Xullo do 2012 pasará á historia despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase no boletín Oficial do Estado a declaración de impacto ambiental negativa do encoro no río Navia, promovida por Saltos del Navia (sociedade ao 50% de Endesa e Hidrocantábrico) desde 1951. Este foi o oitavo intento da promotora de desenvolver esta concesión franquista na mesma ubicación e cuxa tramitación comezou en 2007. Nas demais ocasións (1951, 1956, 1964, 1975, 1976, 1985, 1995) a oposición social tamén foi frontal, o que conseguiu impedir a execución da presa. Desde ADEGA reclamamos que se evite un novo intento da promotora de desenvolver o proxecto e máis agresións para a comarca, declarando a caducidade desta concesión franquista.
|
Ler máis...
|
Lugo, 6 de xullo de 2012. A Xornada “A cultura do monte” organizada por ADEGA o pasado 29 de xuño acolleu a expertos na cultura tradicional galega, nos montes veciñais en man común e no patrimonio cultural dos montes. O acto, que estivo apoiado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación provincial de Lugo, celebrouse no Salón de Actos desta institución. Esta palestra foi a primeira do ciclo de charlas que ADEGA prevé para a segunda edición do proxecto “Cultura e Territorio”, enmarcada na campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, que pretende dar resposta ás agresións contra o noso patrimonio cultural e ambiental do país.
|
Ler máis...
|
Lugo, 3 de xullo de 2012. ADEGA inaugurou hoxe a exposición de humor gráfico “Rir, por non chorar” na Praza de San Marcos de Lugo ás 12 horas. Durante unha semana, até o 10 de xullo, esta exposición brinda a todos os cidadáns de Lugo unha oportunidade para achegarse ás problemáticas ambientais galegas que afectan ao noso territorio dende outro prisma, a través da visión irónica e crítica dos artistas gráficos galegos. Esta mostra percorrerá varias localidades da provincia de Lugo até finais de ano.
|
Ler máis...
|
|