Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



ADEGA pide á Xunta que a xestión dos lobos híbridos se faga pola gardería e nunca polos cazadores PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide á Xunta que a xestión dos lobos híbridos se faga pola gardería e nunca polos cazadores a FaceBookEnvia ADEGA pide á Xunta que a xestión dos lobos híbridos se faga pola gardería e nunca polos cazadores a Twitter
loboshibridos9 de marzo de 2012. Perante o recente anuncio por parte de Medio Ambiente de levar a cabo diversas batidas nos montes do Barbanza para neutralizar aos lobos híbridos detectados, ADEGA esixe que se leven a cabo exclusivamente por parte de persoal especializado e co asesoramento de recoñecidos expertos denantes de permitir que sexan os cazadores os encarregados de "extraer" os exemplares. Asemade, e na medida do posíbel deberiase evitar sacrificar a os exemplares capturados, procurando usar métodos selectivos e extremando o coidado para minimizar os impactos sobre as poboación de lobo ibérico galego en época de cría. As intervencións non deberían usarse como excusa para facer batidas indiscriminadas nas que rematarán "pagando xustos por pecadores",. A hibridación é unha ameaza máis para a especie, xunto coa caza furtiva, o veleno e a perda dos hábitats naturais e das prácticas agrogandeiras tradicionais. Esta é para ADEGA unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM rexeitan a lei de caza do PP por ceder a xestión do monte aos cazadores PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM rexeitan a lei de caza do PP por ceder a xestión do monte aos cazadores a FaceBookEnvia ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM rexeitan a lei de caza do PP por ceder a xestión do monte aos cazadores a Twitter

6 de marzo de 2012. Logo de ter revisado polo miúdo o borrador da nova Lei de Caza sometido a información pública, ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM vimos de solicitar da Xunta a retirada do actual anteproxecto. No documento de achegas conxuntas (175 Kb) as tres organizacións concluimos que o borrador é unha norma feita por e para os cazadores, que minimiza o papel da administración, xeraliza a discrecionalidade e entrega a xestión da fauna cinexética aos cazadores máis cavernícolas en detrimento doutros sectores e da sociedade en xeral. O borrador do PP, cociñado por dous avogados de Silvanus cun custo de 49.000€ é en esencia similar á lei de 1997, convintemente retocada para "liberalizar" a caza e reducir o papel da administración a mera tramitadora de permisos. Fronte a este despilfarro, ADEGA redactou unha proposta de nova Lei_de_Caza_(495 Kb) dende a sustentabilidade, que queremos achegar aos grupos políticos con custo 0 para a facenda pública.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A piscifatoría da Laxe Brava, fóra da Rede Natura e ás portas de Corrubedo, ilegal segundo o TSXG PDF Imprimir Correo-e
Envia A piscifatoría da Laxe Brava, fóra da Rede Natura e ás portas de Corrubedo, ilegal segundo o TSXG a FaceBookEnvia A piscifatoría da Laxe Brava, fóra da Rede Natura e ás portas de Corrubedo, ilegal segundo o TSXG a Twitter
27 de febreiro de 2012. O TSXG vén de anular a prevista piscifatoría da Laxe Brava en Corrubedo. Estima o recurso presentado polo concello de Ribeira contra esta instalación, veciña ao Parque Natural. Na súa fundamentación, o TSXG argumenta "que todos eses valores [paisaxísticos e ambientais] poidan ser preservados por una instalación de acuicultura que ocupe as dúas terceiras partes dun espazo de 308.000 m2 é algo do que cabe dubidar". Deste xeito, unha das instalacións máis polémicas do Plano Acuícola do bipartito (e situada fóra da Rede Natura) queda anulada. Lonxe de felicitarse, Feijóo debera poñer as barbas en remollo: o TSXG recoñece o impacto das macroplantas acuícolas mesmo fóra da Rede Natura e chama a atención sobre a intensa e inxustificada ocupación do chan rústico. Como quedaría entón o Plano Director do PP se mesmo permite piscifatorías en parques naturais e aposta pola concentración das instalacións en macropolígonos? É esta a "seguridade xurídica" que predicaron Feijóo e Rosa Quintana? Sentenza_LAXE_BRAVA (103 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a FaceBookEnvia A Xunta bota outros 4 millóns de € ao macrovertedoiro de SOGAMA a Twitter
17 de febreiro de 2012. O monstro de SOGAMA segue a desangrar as arcas públicas. Aos máis de 253 millóns de € gastados no último ano para manter o complexo de Cerceda en diversos contratos de servizos e subministros cuxa principal beneficiaria é Gas Natural-Fenosa e as súas filiais, únense agora outros 4,3 millóns +IVE para "servizos complementarios" no vertedoiro da Areosa. De novo a cara "B" de SOGAMA, convintemente agochada con contratos opacos negociados sen publicidade: desbaldimento de cartos públicos e gorentosos beneficios para o amigos. Quen dixo que a incineración non era un bo negocio?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Para consumar sen nos consumir: por un San Valentín máis ecolóxico PDF Imprimir Correo-e
Envia Para consumar sen nos consumir: por un San Valentín máis ecolóxico a FaceBookEnvia Para consumar sen nos consumir: por un San Valentín máis ecolóxico a Twitter
14febecoTN14 de febreiro de 2012. Neste día a maioría da sociedade polo simple feito de ter unha parella vese case obrigada a mercar agasallos que moitas veces poden ter graves implicacións sociais e ambientais. Diversos colectivos (ADEGA, Amarante, A Gentalha do Pichel, Equisol e Panxea) sairemos este día á rúa en Conmpostela (praza do Toural, 17h) para denunciar os excesos e as consecuencias dun día no que semella máis importante consumir que amar. Baixo o lema PARA CONSUMAR SEN NOS CONSUMIR, tentaremos concienciar sobre os impactos de consumir determinados produtos e propoñeremos alternativas máis ecolóxicas para que o día dos namorados/as non o acabe pagando o planeta.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados a FaceBookEnvia Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados a Twitter
Ampquilmastn2 de marzo de 2012. O Xulgado de Instrución núm.1 de Muros ven de abrir as dilixencias previas 493/2009 contra STOLT SEA FARM, S.A., propietaria da piscifatoría de Quilmas (Carnota), por un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, citando a declarar como imputado ao seu Director Xeral Pablo García Rodríguez. Estas dilixencias incoáronse en virtude da denuncia presentada pola cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas, debido ás verteduras desta piscifatoría que veñen contaminando unha finca veciña de máis de 800 m2, o que supuxo a perda das colleitas e convertíu ao terreo en inhábil para a produción de alimentos. Os denunciantes achegamos un informe do Departamento de Química Física e Enxeñería da UdC que confirma que os terreos están con taminados por metais pesados e substancias salinas procedentes de residuos industriais. Para ADEGA queda novamente en evidencia a realidade da acuicultura industrial que non só contamina o mar con residuos orgánicos, antibióticos e produtos químicos, senón que tamén envelena a terra. Informe_UDC solo_QUILMAS (3.42 Mb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro polo lar das xacias dende o Cabo do Mundo, na Ribeira Sacra PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polo lar das xacias dende o Cabo do Mundo, na Ribeira Sacra a FaceBookEnvia Roteiro polo lar das xacias dende o Cabo do Mundo, na Ribeira Sacra a Twitter

meandroEste domingo 26 de febreiro convidámoste a un novo roteiro máxico. Desta volta discorrerá principalmente polo concello do Saviñao, en plena Ribeira Sacra. Os ríos Miño e Sil que a atravesan son o lar das xacias, seres metade humanos e metade peixes que poden vivir tanto no fondo dos pozos como en terra, principalmente nos castros. Poderemos gozar dos espazos naturais únicos da ribeira do Sil e visitarmos mosteiros como o da Cova (xoia do románico rural), o de Diomondi e o de Santo Estevo. Ademais, contemplaremos as panorámicas do meandro do río Sil onde a terra recibe o nome de Cabo do Mundo. Descarrega aquí o CARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
RoteiRíos 2012: estudo e conservación da biodiversidade fluvial PDF Imprimir Correo-e
Envia RoteiRíos 2012: estudo e conservación da biodiversidade fluvial a FaceBookEnvia RoteiRíos 2012: estudo e conservación da biodiversidade fluvial a Twitter
sapo_20.jpg15 de febreiro de 2012. Comezamos co programa Roteirríos do ano 2012. Este ano as saídas do Proxecto Ríos estarán adicadas a coñecer diversos programas e entidades adicadas ao estudo e conservación da biodiversidade que habita nos nosos cursos fluviais. O primeiro Roteirríos será o sábado 25 de febreiro. Realizaremos unha saída do SARGA, acrónimo do programa de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galiza. Os anfibios e réptiles están sufrindo unha diminución das súas poboacións a escala global e as extincións locais son abundantes, aínda que moitas veces descoñécense as causas. O programa SARGA consiste na recollida exhaustiva e prolongada de datos de campo para poder avaliar o estado xeral das poboacións de anfibios e réptiles en Galiza, e a súa evolución no tempo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar PDF Imprimir Correo-e
Envia Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar a FaceBookEnvia Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar a Twitter
Padrón, 10 febreiro 2012. Este día apresentouse en Padrón a Plataforma pola Recuperación do Sar, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin acadar para o Sar, así como para as súas ribeiras, unhas condicións ambientais óptimas. Trátase de manter e conservar unha biodiversidade faunística e florística tan ampla como sexa posíbel, tanto en variedade de especies como na densidade das súas poboacións, así como a consecución duns parámetros fisicoquímicos que permitan a existencia e a pervivencia dun axeitado equilibrio ecolóxico. Non esquecemos a preservación do patrimonio cultural e etnográfico de forma que xunto co patrimonio natural, sexan fonte de riqueza para toda a bisbarra por onde discorre o río. Á presentación no Auditorio de Padrón acudiron case un cento de persoas e interviñeron os representantes dos colectivos promotores da Plataforma: Xosé Manuel Penas Patiño (Biólogo), Virginia Rodríguez (Presidenta de ADEGA), Luis Tapia (Biólogo) e Luis Piñeiro (Pescador).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 29 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA