Adega
INICIO Que Facemos
Que facemos
buscando.jpgADEGA actúa en diferentes áreas de traballo, procurando abordar a maior parte da problemática ambiental a través de diferentes grupos de traballo.

As actividades de ADEGA realízanas socios e socias activistas que achegan voluntariamente o seu tempo, coñecementos e habilidades. Para desenvolver o seu traballo ADEGA tamén conta coa participación e a colaboración de científicos e de técnicos expertos en determinados campos que posibilitan que as críticas e propostas da asociación estean ben fundamentadas e teñan a solidez técnica necesaria.
Entre outros, ADEGA traballa nos seguintes campos:

 

Agroecoloxía

Biodiversidade e Espazos Naturais

Dereito de acceso á Información Ambiental

Educación Ambiental

Enerxía

Litoral

Montes e bosques

Globalización

Pacifismo

Residuos e Contaminación

Ríos

Transporte e mobilidade

Transxénicos

Así mesmo, ADEGA atende ás cuestións puntuais que entran dentro do seu ámbito de actuación, e desenvolve distintas actividades lúdico/divulgativas como roteiros, charlas, xornadas, etc.

 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA