Adega
INICIO Delegacións A Mariña
A Mariña
A autoestrada Barreiros-San Cibrao destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa PDF Imprimir Correo-e
Envia A autoestrada Barreiros-San Cibrao  destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa a FaceBookEnvia A autoestrada Barreiros-San Cibrao  destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa a Twitter
Senra - A CovaA Mariña, 9 maio de 2013. ADEGA e MariñaPatrimonio demandan á Xunta de Galicia que non autorice o paso da autoestrada A-82 por riba do xacemento, posiblemente castrexo, denominado Cova da Senra e situado en Cervo. O xacemento está inventariado desde novembro do ano pasado; aínda así, segue correndo o risco de desaparecer, xa que a Xunta non determinou ningún cambio no trazado da infraestrutura prevista que preserve este monumento arqueolóxico.
Aquí podes ver o xacemento en  IMAXES.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta a FaceBookEnvia Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta a Twitter

RPtalascastros1Lugo,  23 de xaneiro de 2013. Á ducia de denuncias contra a destrución de patrimonio arqueolóxico da Mariña de Lugo que tanto ADEGA como Mariñapatrimonio teñen presentado nos últimos dous anos, engádense agora outras 6 denuncias ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural contra novas agresións a 6 castros inventariados e protexidos da comarca, executadas co apoio da Xunta. Ambos colectivos advirten ás consellarías competentes en Medio Rural e Cultura que se seguen a actuar de xeito irresponsable, acudirán á Fiscalía.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio conseguen que Cultura non autorice eucaliptais enriba dun castro focense a Twitter

engrobiasA Mariña, 9 de xaneiro de 2013. O Servizo de Patrimonio da Consellaría de Cultura vén de informar a ADEGA e a MariñaPatrimonio das accións levadas a cabo en relación coa denuncia presentada por ambas asociacións no mes de outubro sobre danos no castro das Engrobias, no concello de Foz. Estas denuncias foron efectuadas ao comprobar que se tiña talado o monte de eucalipto e que a posterior repoboación destruiría o xacemento protexido pola lei. O Servizo de Patrimonio confírmanos que os cortes eran ilegais, por non contaren coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e comunícanos que esta resolve non autorizar novas plantacións de eucalipto nas parcelas que ocupan o xacemento. Dende ADEGA preguntámonos que sería deste patrimonio sen a intervención das persoas e colectivos comprometidos coa súa conservación. Para que está entón a Xunta, para tramitar expedientes?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos PDF Imprimir Correo-e
Envia Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos a FaceBookEnvia Dragado ría de Foz: Portos de Galiza quere usar a Rede Natura como vertedoiro de áridos a Twitter

vertedurafoz10 de outubro de 2012. O anuncio do enésimo dragado da ría de Foz (LIC, ZEPA, ZEPN e humidal inventariado) por parte de Portos, alén dun inútil desbaldimento de cartos públicos, podería provocar outros danos colaterais: está previsto verter os milleiros de toneladas de sedimento extraidas da canle do porto... dentro do esteiro protexido! A construción nos anos 80 do espigón de punta Anguieira provocou tanto a colmatación do esteiro do Masma como a erosión da praia de Altar, en Barreiros. Portos e Costas investiron millóns de € tanto en dragados como en aportes de area e obras de consolidadión litoral... sen éxito. Agora pretenden botar os entullos sobre un espazo con catro figuras de protección. É que nunca aprenderán a ter en conta á natureza e ás súas dinámicas? Canto máis nos vai custar xogar aos "casteliños" co medio ambiente?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
"Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 PDF Imprimir Correo-e
Envia "Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 a FaceBookEnvia "Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 a Twitter

carpa exteriorLugo, a 31 de Xullo de 2012. ADEGA instalará mañá en Viveiro a Exposición itinerante de humor gráfico “RIR POR NON CHORAR”, en Lodeiro, na explanada entre o Centro de Saúde e o edificio comarcal da Xunta. A mostra estará aberta ao público a partir das 16:30 horas de mañá ata o domingo 5 de agosto e está enmarcada dentro do proxecto "Cultura e Territorio" da Campaña "Ponte no Medio. Móvete polo Territorio" de ADEGA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA