Adega
INICIO Áreas temáticas Agroecoloxía
Agroecoloxía
Dentro do termo recoñecido “legalmente” como agricultura ecolóxica, biolóxica ou orgánica existen diversas escolas, filosofías ou tendencias, entre as cales se atopa a agroecoloxía.

A agroecoloxía xorde da positiva interacción entre as disciplinas científicas e as comunidades rurais latinoamericanas nos anos 70, tentando progresar nun desenvolvemento alternativo. Fomenta, dende un nivel local ata o global, procesos de desenvolvemento rural socialmente xustos, adaptados culturalmente á rexión agrícola, economicamente viábeis e ecoloxicamente respetuosos. Traballa en prol da adaptación da agricultura ás leis da ecoloxía, despois dunha análise en conxunto das dimensións dos sistemas agrarios (agronómica, económica, social...).

A agroecoloxía acepta os principios e obxectivos dos sistemas agrícolas ecolóxicos tales como:

  • Producir alimentos de alta calidade nutricional en cantidades axeitadas.
  • Traballar a favor dos sistemas naturais, sen pretender dominalos.
  • Fomentar e potenciar ciclos biolóxicos dentro do agroecosistema que favorezan un equilibrio natural entre os microorganismos, a flora e a fauna.
  • Usar, sempre que sexa posíbel, recursos renovábeis.
  • Traballar en sistemas pechados de reciclaxe de nutrientes dentro da propia explotación, de tal maneira que se incorporen ó terreo os nutrientes que extraian as plantas cun adecuado abonado orgánico.
  • Achegarse en gandería no manexo dos animais ás súas condicións naturais
  • Manter a diversidade xenética agraria, tanto en cultivos, razas, como no entorno das explotacións agrarias.
  • Permitir ós productores uns ingresos axeitados pola súa actividade, así como unhas condicións de traballo dignas e seguras.
  • Considerar os impactos sociais e medioambientais que xera a actividade agraria.

Así, analisando o coñecemento local, resultado das experiencias das culturas labregas na apropiación e aproveitamento dos agro-ecosistemas, a agroecoloxía pretende ser na práctica un elemento de desenvolvemento endóxeno do medio rural, potenciando o control sobre os factores de producción, a tecnoloxía e as canles de comecialización.

A agroecoloxía fomenta o carácter local da comercialización, que permite o coñecemento da forma de producción dos alimentos ós consumidores, e que a maior parte dos beneficios se queden para o/a agricultor/a, evitando as canles de distribución cara a mercados afastados e grandes superficies. Tamén o emprego de factores de producción locais e de tecnoloxía adaptada a agricultura de cada zona.

ADEGA apoia unha agricultura galega agroecolóxica, ou sexa, para todos e para todas, que respecte o medio ambiente e sexa socialmente xusta. Con esta finalidade ten desenvolvido diferentes actividades de divulgación da agroecoloxía: edición de publicacións, organización de xornadas, etc.


agric1.jpg

As recentes crises alimentarias (vacas tolas, polos con dioxinas,....) poñen de manifesto a necesidade de promover a agroecoloxía para garantir unha alimentación sá e de calidade.

agric2.jpg
A agroecoloxía fomenta o carácter local da comercialización. Deste xeito, os/as consumidores/as poden coñecer a forma en que se producen os alimentos que consomen e os/as labregos/as fican coa maior parte dos beneficios, conformándose unha vía para o desenvolvemento rural sustentábel


A biotecnoloxía e a agricultura PDF Imprimir Correo-e
Envia A biotecnoloxía e a agricultura a FaceBookEnvia A biotecnoloxía e a agricultura a Twitter
Non pasa un día sin que dende os medios de comunicación nos chegue algunha noticia referente a novos avances no eido da biotecnoloxía. Palabras como clónico e transxénico xa están a formar parte da nosa fala do día a día. Falannos de xeito case que categórico dos grandes beneficios que a biotecnoloxía nos pode reportar: aumentos na productividade dos cultivos e dos animáis, avances na mediciña, alimentos máis sans, reducción na aplicación de productos fitosanitarios, pero non nos falan dos riscos que importa, ben sexan económicos, ecolóxicos, ou para a nosa saúde. Detrás de todos estes ‘bens para a humanidade’ hai unha chea de intereses económicos, de xeito que as grandes empresas transnacionáis queren facernos crer que a biotecnoloxía é a solución de moitos dos nosos problemas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 




ADEGA