Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Xunta e patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido PDF Imprimir Correo-e
Envia Xunta e patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido a FaceBookEnvia Xunta e patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido a Twitter
10 de abril de 2012. Hai poucos días sindicatos agrarios e apicultores/as denunciaron a intención da Xunta e de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) de fumigar as plantacións de eucalipto galegas contra o gorgullo cun pesticida nocivo para as abellas. Dase a circunstancia de que o principio activo deste biocida, o flufenoxuron, acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea (decisión da Comisión de 9 de febreiro de 2012) tras a avaliación dos seus riscos. O flufenoxuron é persistente, bioacu­mulativo e tóxico, e deixará de comercializarse a partires do 1 de agosto de 2012. No entanto, a Xunta e a patronal pasteira pretenden dar saída aos "stocks" deste veleno con fumigacións masivas nos eucaliptais galegos denantes de que se faga efectiva a prohibición.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xestión de especies protexidas: moitas "recomendacións" e poucos compromisos reais de conservación PDF Imprimir Correo-e
Envia Xestión de especies protexidas: moitas "recomendacións" e poucos compromisos reais de conservación a FaceBookEnvia Xestión de especies protexidas: moitas "recomendacións" e poucos compromisos reais de conservación a Twitter

9 de abril de 2012. Nestes intres atópanse a exposición pública os planos de conservación/recuperación de 3 especies, das máis 200, incluidas no catálogo Galego de Especies Ameazadas. Tivemos que agardar 5 anos para que a Xunta decidira por fin aprobar estes instrumentos, básicos para garantir o futuro da nosa biodiversidade máis fráxil. De seguirmos este ritmo, a administración cumprirá coa obriga legal de protexer efectivamente especies dentro de 243 anos! ADEGA ten constancia que dende 2007, licitáronse, elaboráronse e entregáronse ducias de Planos de Conservación; cal é o motivo para telos gardados dende aquela nun caixón?  Agora por fin a Xunta apresenta o do sapoconcho galego (réptil), a píllara das dunas (ave), e a escribenta das canaveiras (ave), mais o seu contido non recolle medidas efectivas para a conservación destas especies e os seus hábitats: son só un compendio de "recomendacións" e polo mesmo, carentes de forza legal, que por desgraza ninguén vai cumprir.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O PRUX das Fragas do Eume: 15 anos nun caixón. A Xunta, culpábel por omisión PDF Imprimir Correo-e
Envia O PRUX das Fragas do Eume: 15 anos nun caixón. A Xunta, culpábel por omisión a FaceBookEnvia O PRUX das Fragas do Eume: 15 anos nun caixón. A Xunta, culpábel por omisión a Twitter
fragasa-d4 de abril de 2012. En Galiza, o territorio cunha das meirandes biodiversidades de Europa, a Xunta non soubo estar á altura das súas necesidades de conservación: ridícula superficie protexida, ausenza de planos de xestión de espazos e especies, demolición controlada da protección ambiental... As Fragas do Eume, Parque Natural dende 1997, levan 15 anos sen PRUX (Plano Reitor de Uso e Xestión). No PRUX "establécense as previsións de actuacións da Administración no seu ámbito de aplicación" (art. 33.1 da Lei 9/2001). Este documento, en redacción xa antes de 2009, foi rematado en febreiro de 2011. Por lei, debería estar aprobado dous anos despois da declaración do Parque (art. 35.4). Por que a Xunta o mantivo no caixón boicotando deste xeito a conservación efectiva das Fragas?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe a FaceBookEnvia ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas e denuncia a responsabilidade da Xunta na catástrofe a Twitter
lumesnuncamais2 de abril de 2012. A reacción cidadá perante a catástrofe ecolóxica do Eume non se fai esperar: este luns 2 ás 20h constituirase en Pontedeume a Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume da que ADEGA fará parte. Trataremos de sensibilizar á opinón pública do valor ecolóxico que aínda conservan as Fragas; demandaremos da Xunta medidas para remediar no posible os impactos do lume no ecosistema do Parque e esixiremos unha investigación exaustiva das causas do incendio e as responsabilidades penais e políticas que procedan. ADEGA chama tamén a participar nas diversas concentracións de protesta por esta catástrofe que se están a preparar nas principais vilas e cidades galegas. É unha traxedia para o País, que a cidadanía non pode esquecer nen perdoar!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas PDF Imprimir Correo-e
Envia Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas a FaceBookEnvia Xurés, Limia, Courel, Macizo Central... e agora, as Fragas do Eume en chamas a Twitter
LumeEumesat31 de marzo de 2012. O lume que o serán deste día comezou a queimar o corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, o mellor e máis extenso reduto de bosque atlántico que temos no País, evidencia a un tempo as miserias da política de conservación e os erros das estratexias forestais da Xunta. Esta nova catástrofe ecolóxica non é pois casual: é consecuencia do desleixo e da falla de investimentos na conservación dos espazos naturais protexidos; é consecuencia da irracionalidade do actual modelo forestal que esquece os servizos ambientais e sociais do monte e da biodiversidade, que fomenta os monocultivos e que permitíu proliferación de eucaliptos dentro do parque; e é consecuencia da miopía dun sistema de loita contra o lume que segue primando a extinción e o desbaldimento de recursos en lugar de investir en prevención.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros a FaceBookEnvia O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros a Twitter

obra_lopo1A Mariña, abril de 2012. Ante a reanudación das obras en Barreiros por parte de "CONSTRUCIONES Y PROMOCIONES J. DÍAZ FERNÁNDEZ", ADEGA vén de persoarse de novo ante o Ministerio Fiscal para presentar a documentación que proba a usurpación de terreos de titularidade pública por parte do promotor e a ilegalidade da licenza por non contar con autorización de Augas de Galicia para a ocupación do dominio público hidráulico e da zona de policía, o que invalida calquera licenza municipal. Ademais subliñamos que as solicitudes do promotor para tal autorización son do ano pasado cando o recoñecemento da licenza é de decembro de 2009. A maiores esta licenza de obra está expresamente afectada polo Decreto 15/2007, polo que se suspendían as Normas Subsidiarias do Concello de Barreiros.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Milleiros de persoas saimos á rúa en defensa do noso patrimonio natural PDF Imprimir Correo-e
Envia Milleiros de persoas saimos á rúa en defensa do noso patrimonio natural a FaceBookEnvia Milleiros de persoas saimos á rúa en defensa do noso patrimonio natural a Twitter
maniseume

3 de abril de 2012. En resposta á catástrofe ecolóxica que está a sufrir un dos nosos símbolos naturais, as Fragas do Eume, milleiros de persoas saímos ás rúas e prazas das principais cidades e vilas para reclamar máis medios e medidas de protección para o noso patrimonio natural. Fronte á incompetencia e o desleixo da administración no coidado dos nosos espazos protexidos, dos que xa levan ardidos máis de 15.000 ha dende o outono (Macizo Central, Limia-Xurés, Ancares-Courel...), ADEGA esixe responsabilidades á Xunta por unha política forestal suicida, un ordeamento do territorio cómplice e unha xestión ambiental orientada a desmontar a protección e a boicotar a conservación do millor da nosa natureza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Comunidado conxunto de ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas PDF Imprimir Correo-e
Envia Comunidado conxunto de  ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas a FaceBookEnvia Comunidado conxunto de  ADEGA, a SGHN e Verdegaia encol do lume nas Fragas a Twitter

Ferrol, 1 de abril de 2012. Dende ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia queremos amosar a nosa solidariedade coa veciñanza dos Concellos de A Capela, As Pontes e Monfero que están a padecer as consecuencias directas dos incendios declarados durante a fin de semana e que afectan ao Parque Natural das Fragas do Eume e á zona de Anca. Así mesmo envíamos o noso apoio aos efectivos e persoas voluntarias que están a traballar nas labores de extinción. Sumadas unhas circunstancias meteorolóxicas desfavorables, o lume que afecta as Fragas do Eume é a consecuencia directa dunha política forestal baseada na falta de planificación e xestión forestal, así como o fomento de plantacións con especies que favorecen os incendios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo a FaceBookEnvia ADEGA apoia a Folga Xeral deste 29 de marzo a Twitter

Folga29M2012

O ECOLOXISMO SECUNDA A FOLGA XERAL DESTE 29 DE MARZO. Perante a convocatoria dunha Folga Xeral en Galiza e Euskal Herria e tamén a nível estatal o día 29 de marzo, as organizacións do movemento ecoloxista e da defensa do ambiente, consideramos que estas mobilizacións converten ese día nunha xornada chave na que estarán en xogo elementos básicos do noso modelo social. Desde o inicio da crise, a Unión Europea, o Fondo Monetario Internacional, Alemaña, Franza, os principais fondos de investimento e as axencias de cualificación, fundamentalmente, están a impoñer, coa complicidade e a aquiescencia dos distintos gobernos españois, un recuo social e ambiental brutal sobre a base de recortes de dereitos sociais e de orzamentos para a protección ambiental e social.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 27 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA