Adega
INICIO Novas ADEGA inaugurou a expo "Rir, por non chorar" sobre as desfeitas no Territorio
ADEGA inaugurou a expo "Rir, por non chorar" sobre as desfeitas no Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA inaugurou a expo "Rir, por non chorar" sobre as desfeitas no Territorio a FaceBookEnvia ADEGA inaugurou a expo "Rir, por non chorar" sobre as desfeitas no Territorio a Twitter

carpa exteriorLugo, 3 de xullo de 2012. ADEGA inaugurou hoxe a exposición de humor gráfico “Rir, por non chorar” na Praza de San Marcos de Lugo ás 12 horas. Durante unha semana, até o 10 de xullo, esta exposición brinda a todos os cidadáns de Lugo unha oportunidade para achegarse ás problemáticas ambientais galegas que afectan ao noso territorio dende outro prisma, a través da visión irónica e crítica dos artistas gráficos galegos. Esta mostra percorrerá varias localidades da provincia de Lugo até finais de ano.

O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostíbeis e equilibradas de respecto ao noso entorno.

carpa interiorA mostra conta con 36 obras de preto dunha vintena de humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, tales como: Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”. 

Esta actividade enmárcase dentro do programa "Cultura e Territorio" pertencente á campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio" que ADEGA iniciou o pasado ano en defensa dunha ordenación territorial racional, sustentábel e con futuro. A mostra conta co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.

Para máis información:

Anxo Manoel Lamelo (coordinador): 667096124 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA