Adega
INICIO Programas / Proxectos
Programas e Proxectos de Educación Ambiental

A actividade de ADEGA no eido da educación ambiental desenvólvese fundamentalmente a traves dun Programa Xeral de EA que estruturan os procesos, os coñecementos e os obxectivos procurados en conxuntos temáticos que permiten presentar unha oferta flexíbel e axeitada ás características dos/das participantes.

Asimesmo, desenvolve programas específicos sobre distinas temáticas, que conxugan a aprendizaxe co desenvolvemento dunha participación activa da cidadanía na resolución dos problemas ambientais

Contacta connosco para informarte máis polo miúdo



Roteirríos 2012: rastros e pegadas PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a FaceBookEnvia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a Twitter
peg.jpgContinuando cos itinerarios previstos para o Roteirríos 2012, o vindeiro sábado 17 de marzo estaremos de roteiro aprendendo a recoñecer rastros e pegadas. Este ano o programa Roteirríos está adicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade dos ríos. Nos nosos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos. PRAZAS COMPLETAS
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Este Nadal, agasalla ecoloxía! PDF Imprimir Correo-e
Envia Este Nadal, agasalla ecoloxía! a FaceBookEnvia Este Nadal, agasalla ecoloxía! a Twitter

agasallaUnha boa idea para agasallar nestas festas pode ser tamén facerte/lle socio/a de ADEGA.

 

Por moi poucos cartos podes contribuir durante un ano á defensa ecolóxica do teu país facéndote ou facéndolles, aos teus seres queridos, membros da organización ecoloxista decana de Galiza.

 

Nestas datas tan propensas ao consumismo, agasalla algo diferente: agasalla compromiso co patrimonio natural e cultural de Galiza e contribúe a manter viva unha loita de máis de 35 anos.

 

Podes descarregar, imprimir e enviar esta Ficha de socio/a (313 Kb) ou podes achegar os teus datos através desta ligazón web ao formulario de alta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
II Encontro Solar en Muros PDF Imprimir Correo-e
Envia II Encontro  Solar en Muros a FaceBookEnvia II Encontro  Solar en Muros a Twitter

PaisanosCompostela, 20 de xullo de 2010. O vindeiro venres 23 de xullo ADEGA en colaboración co concello de Muros organiza o II Encontro Solar. Esta actividade pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Segue este segundo encontro a tendencia de redución de enerxía que promoven os Fogares Verdes muradanos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a FaceBookEnvia XI Xornadas de Formación de coordenadores/as de proxecto Ríos a Twitter
curso.jpgO próximo sábado día 17 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XI Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Logo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3


ADEGA