Adega
INICIO Enerxía
Enerxía
pontes.gif O noso día a día xira, a meirande parte das veces, arredor do uso enerxético. O gas butano, propano ou natural nas cociñas, o gasóleo das calefaccións, o transporte, a electricidade ..... Ningún gasto de enerxía é inocuo, todas teñen un gran impacto ambiental e mesmo social: os procesos de extracción e refino de petróleo, os encoros, os gaseoductos inciden sobre o medio e as persoas polo que debemos facer un consumo o máis reducido posibel da mesmo. Isto non significa "volver as cavernas" como adoitan dicir algunhas mentes pensantes senon unha racionalización do gasto.

A electricidade é a fonte principal de enerxía do fogar. O impacto que sobre o ambiente ten a súa producción e distribución é moi importante. As centrais térmicas como as de As Pontes (ENDESA), Meirama e Sabón contribúen ao cambio climático pola alta emisión de CO2 e de gases causantes de acidificación. Os grandes encoros hidroeléctricos e minicentrais asolagan ecosistemas de grande interese e alteraran radicalmente a dinámica dos ríos. A construcción desmesurada e irracional de parques eólicos está provocando a perda de naturalidade de numerosos espazos naturais de interese, no interior e na costa.

Compre enfrontar un decido plano de diminución do gasto eléctrico, promovendo a eficacia enerxética e eliminando o consumo superfluo.

algunsdatos.gif

O gasto enerxético en calefacción supón o 30 % do consumo xeral dunha vivenda.

Máis do 70 % do consumo de petroleo adícase a transportes e calefaccións

Unha lámpada normal emite ao longo da súa vida útil media tonelada máis de CO2 que unha de baixo consumo. Nunha casa normal supón arredor de 10 Tn de CO2.

 

quepodes.gif

Usa a luz natural sempre que sexa posíbel. Apaga as luces cando non as precises. Se son fluorescentes é mellor deixalas acesas no lugar de apagalas e encendelas continuamente.

Substitúe as lámpadas normais por modelos de baixo consumo. Son máis caras pero consumen a cuarta parte e duran moito máis. Ademáis, por cada lámpada de baixo consumo se reduce a emisión de CO2 en media tonelada ao longo da súa vida útil. Selecciona a potencia das lámpadas en función do seu uso: non necesitas 100 w de potencia para unha luz de cabeceiro.

Non collas o ascensor e sube polas escaleiras. Aforrarás enerxía e gañaras en saúde.

Illa ben a túa casa. Pon burletes nas portas e illante nas fiestras. O emprego de cortinas e alfombras tamén axudan. Podes aforrar ate un 25% de enerxía.

Consulta as seccións de electrodomésticos e transporte para ver outras ideas

 


ADEGA