Adega
INICIO Auga
Auga

billa.jpgA auga é un ben cada vez máis escaso, gracias a acción dilapidadora do ser humano. A súa carestía en moitos lugares obriga a realización de cortes periódicos de subministro. Así mesmo, os procesos de potabilización e depuración son enórmemente custosos e de gran consumo enerxético. O problema irá a máis a non ser que asumamos. Por exemplo, é totalmente irracional empregar auga potábel para a cisterna do wc. Hai casas que teñen circuitos de reciclaxe de auga, no que a auga da ducha e do lavabo almacénase nin depósito do que cargan as cisternas. Tamén existen circuitos de aspiración pneumática que gastan só un litro por descarga.

quepodes.gif

icon_biggrin.gif Revisa as billas da túa casa. Comproba que non teñen perdas.

icon_biggrin.gifInstala economizadores de auga (atomizadores, perlatores): mesturan auga e aire, aumentando a presión pero diminuido o consumo (pode chegar ao 30%). Non notarás a diferencia.

icon_biggrin.gifReduce a descarga de auga do teu WC: coloca un ladrillo ou unha botella de auga chea dentro da cisterna procurando que non interfira co mecanismo. Tamén hai cisternas de dobre pulsador economizadoras de auga.

icon_biggrin.gifEmprega a lavadora coa carga completa e programas de lavado curtos. Podes chegar a aforrar o 5% do teu consumo de auga. Se vas a mercar unha nova, ten en conta o seu consumo de auga (tamén o enerxético)

icon_biggrin.gifDúchate no canto de bañarte (aforras arredor de 100 litros). Diminúe o tempo da ducha (entre 10 e 20 litros por minuto)

icon_biggrin.gifA auga de lavar as verduras podes utilizala para regar as prantas

 

¿Tes un xardín?

icon_biggrin.gifColoca un bidón para recoller auga de chuvia para regar

icon_biggrin.gifRega de noite para evitar a evaporación. Emprega unha mangueira ou o rego por goteo. Os aspersores teñen máis evaporización.

icon_biggrin.gifSe empregas especies autóctonas ou ben adaptadas ao clima precisaras regalas menos.

icon_biggrin.gifProcura ter o chan ben estructurado facilitando a retención de humidade.

icon_biggrin.gifO céspede é un gran consumidor de auga. Busca especies autóctonas.

algunsdatos.gif

icon_sad.gifUnha billa goteando estraga un litro de auga por hora, o que supón 720 litros ao mes.

icon_sad.gifO consumo de auga doméstico está na orde de 250 litros de auga persoa/día, se engadimos o consumo industrial chegamos aos 490 litros persoa/día.

icon_sad.gifPérdese arredor de 1/3 do total da auga antes de chegaren á billa, por mor do mal estado das conduccións

icon_sad.gifO teu wc verte 10 litros cada vez que tiras da cadea.


1 Asina a ILP contra a incineración e pola aplicación efectiva dos 3R 7604
 


ADEGA