Adega
INICIO Programas / Proxectos Programa de Compostaxe Caseira
Programa de Compostaxe Caseira PDF Imprimir Correo-e
Envia Programa de Compostaxe Caseira a FaceBookEnvia Programa de Compostaxe Caseira a Twitter

A finalidade deste programa é divulgar a compostaxe caseira como método de tratamento dos residuos orgánicos no propio fogar (na horta, xardín ou no garaxe), subministrando os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro. Clica na ligazón para baixar o manual explicativo da COMPOSTAXE CASEIRA

 


restosnovos.jpg Un dos problemas máis importantes que as persoas teñen que enfrontar, tanto dende o punto de vista ambiental como económico, é a xestión dos resíduos sólidos urbanos (RSU). É dicir, o lixo.

A estrutura territorial da maioría dos Concellos galegos e a súa dispersión poboacional en núcleos de poucas vivendas, obriga a unha cuantiosa inversión económica se se quere dar unha resposta axeitada ao problema. O número de camións de recollida e os km que teñen que percorrer encarece dun xeito importante todo o proceso. Asemade, os custos de xestión por tonelada de lixo segue unha liña ascendente dende hai varios anos. Por isto, calquera medida que supoña unha reducción do volúme de lixo ten inmediatos beneficios medioambientais e económicos.

Algo máis da metade do lixo xerado na nosa sociedade é materia orgánica fermentábel, é dicir, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros alimentos da cociña, restos de comidas, papel alimentário de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Trátase da fracción húmida do lixo, medio millón de toneladas anuais en Galiza, a razón de medio kilo por persona e día. É a fracción de lixo máis limpa, libre en orixe de substáncias tóxicas, e que pode ser reciclada enteiramente mediante procesos naturais.

Tradicionalmente téñense aproveitado os residuos orgánicos no rural para alimentar o gando e para abono, reflectindo un estilo de vida autosuficiente. Esta é unha práctica palla.jpgque hai que recuperar e difundir polas súas enormes vantaxes medioambientais, sendo un exemplo paradigmático da aplicación dos principios da reciclaxe e a reutilización.

A finalidade do presente programa é a reducción do volume de lixo mediante procesos de autocompostaxe realizados nas vivendas do rural.

Pretendese dar a coñecer a posibilidade de tratar estes residuos no propio fogar (na horta, xardín ou en garaxe) e subministrar os coñecementos prácticos e o asesoramento individualizado preciso para mellorar esta práctica, consolidándoa como unha alternativa ecolóxica e de futuro.

Configúrase, xa que logo, como un programa educativo e eminentemente práctico, de baixa tecnoloxia, pero que permite adquirir uns coñecementos reais do proceso de compostaxe e da optimización dos seus resultados, á vez que dos aspectos ecolóxicos da xestión do lixo.

{mospagebreak title=Os residuos e a compostaxe&heading=Os residuos e a compostaxe}

Os resíduos e a compostaxe

A compostaxe é o proceso biolóxico que permite, mediante a fermentación aerobia, descompoñer e estabilizar materia orgánica para obter humus. proceso.jpg

Esta transformación lévana a cabo certos microorganismos (fungos e bacterias), xa presentes na materia orgánica, que atacan os restos orgánicos e redúcennos, co tempo, a un substrato de aparencia terrosa, o humus, moi beneficioso para o crecemento das plantas e a saúde do chan.

As pías de compostaxe son ecosistemas complexos de compoñentes animais, vexetais e minerais, todos eles interrelacionados e todos eles cun papel na descomposición da materia orgánica e na súa conversión en humus. Este é o resultado das actividades dunha sucesión de organismos na que cada grupo prepara o camiño para o seguinte descompoñendo ou convertendo un material biodegradábel complexo nun material máis sinxelo e utilizábel que poida ser consumido polo seu sucesor nesta cadea descompoñedora até o produto final que é o humus.

Os elementos principais que se atopan no compost son o nitróxeno, fósforo, potasio, xofre, ferro e calcio en cantidades variables dependendo da materia inicial a compostar.

Vantaxes do compost:

  • O compost mellora a textura e a estructura do solo, facendo os chans soltos máis compactos e as chans fortes máis esponxosos, permitíndolles reter os nutrientes, a humidade e o aire necesario para unha boa colleita.prantanova.jpg

  • Aumenta a capacidade de retención da humidade do chan, axudando a controlar a erosión e impedindo o arrastre das partículas finas.

  • Aporta elementos nutritivos a medida que se mineraliza.

  • Regula a salinidade.

  • Incrementa a absorción da calor solar, producindo un incremento na temperatura do chan.

  • Minora os efectos negativos dos axentes tóxicos como praguicidas ou metais pesados

  • Eleva a cantidade e diversidade de microorganismos.

  • Fomenta a fauna do chan, particularmente as lombrigas de enorme efecto beneficioso sobre a estructura e a aireación do chan.

Constitúe a mellor reciclaxe dos desfeitos orgánicos (que constitúen o 55% do total do lixo xerado polo home), convertendo estes millóns de toneladas nunha fonte activa de nutrientes e pechando o ciclo natural das plantas.

Pódese empregar como abono ecolóxico para cultivos, parques e xardíns; así como para a rexeneración de canteiras e solos de minas ou erosionados (caso dos montes que sufriron repetidos incendios).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA