Adega
INICIO Novas de EA ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos
ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos a FaceBookEnvia ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos a Twitter
Os días 18, 19 e 20 de outubro tivo lugar en León o I Congreso Ibérico "Restauraríos". Durante estes días, analisaronse as ferramentas e experiencias na restauración de ríos, en particular a minimización dos riscos das enchentes. Tratáronse aspectos técnicos, obxectivos ambientais, aspeitos xurídicos e de ordeamento territorial, así como a participación social e o voluntariado. ADEGA participou coordenando o obradoiro "Participación pública na restauración de ríos: repto adicional para a xestión tradicional dos ríos no estado" xunta cos compañeiros/as da FNCA (Fundación para a Nova Cultura da Auga).

A participación pública representa o grao de implicación cidadá na toma de decisións, sendo unha característica fundamental das sociedades democráticas. Aplicada á restauración dos ríos, significa llevar a cabo procesos de debate e de concertación para as novas asignacións dos recursos hídricos e a utilización do dominio público hidráulico.

Tradicionalmente no estado a participación pública reduciuse á presentación de alegacións sobre proxectos xa redatados ou á consulta de certos usuarios da auga. Neste obradoiro trátase de debate un cambio de paradigma na xestión tradicional dos sistemas fluviais, subliñando as vantaxes da participación pública para a correcta valoración ecolóxica, económica esocial dos ríos, e para unha toma de decisións partillada.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA