Adega
INICIO Novas de EA Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas
Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas PDF Imprimir Correo-e
Envia Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas a FaceBookEnvia Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas a Twitter

Acuicultura23 de marzo de 2011. A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros é para ADEGA outro episodio na confrontación entre dous modelos de produción de alimentos: o baseado nos recursos endóxenos e na conservación dos ecosistemas, e o estritamente produtivista que promove a acuicultura industrial intensiva. A pesca de baixura e o marisqueo baséanse en aproveitar a gran potencialidade biolóxica das rías; deixan ademais máis valor engadido nas comunidades locais e xeran máis postos de traballo. A acuicultura industrial, tanto en terra como no mar, busca xerar grandes producións de peixe barato mediante a intensivización, a alimentación forzada e o uso masivo de antibióticos e produtos químicos. Está deseñado "de costas" ao mar, con criterios exclusivamente economicistas e especulativos. Provoca ademais importantes desequilibrios ambientais e sociais, xera menos emprego e pon en perigo a potencialidade biolóxica e o futuro dunhas rías xa de por si moi castigadas.

ADEGA apoia pois as reivindicacións das confrarías e os colectivos do sector na súa denuncia dos graves impactos que unha instalación industrial de 5000 Tm de salmón ao ano vai ter na ría de Muros. Mais queremos que o sector vaia máis aló das afeccións deste proxecto concreto e reflexione tamén sobre as consecuencias do modelo que representa a acuicultura industrial, tanto en terra como a flote, e que ten o seu principal expoñente no Plano Acuícola.

Acontece que o vixente Plano Acuícola (asometido agora a revisión polo PP) vai ocupar 3 millóns de metros cadrados de costa virxe e xerar millóns de metros cúbicos de augas altamente contaminadas que verteranse no corazón dos ecosistemas costeiros máis valiosos. Os impactos derivados destas macroplantas son os mesmos (antibióticos, produtos químisos, eutrofización, parasitismo, epizootias...) en termos cualitativos, que os das gaiolas de salmón, mais en cantidade infinitamente maior. Ocupan ademáis territorios moi valiosos dende o punto de vista paisaxístico e ambiental, teñen unha baixísima xeración de postos de traballo e son un sumidoiro de subvencións públicas.

O sector, mobilizado agora por esta instalación de salmón, non debería ficar impasíbel fronte á ameaza tamén moi real das macroplantas de rodaballo do Plano Acuícola. Tras a terceira reforma en 5 anos, a actual Xunta estao a reformar para darlle gosto a Pescanova: sen dúbida, Touriñán voltará a estar de novo entre as instalacións previstas. Pode ser que confrarías e ecoloxistas conquiramos desbotar o proxecto do salmón, mais será unha vitoria pírrica se a Xunta consigue coar ao sector o gol do "Plano Director da Acuicultura".
ADEGA fai un chamado ás confrarías e ao sector da baixura para mobilizarse a prol dun desenvolvemento sustentábel da pesca e a acuicultura, e opoñerse non só a unha instalación, senon a todo o modelo depredador da piscicultura industrial. É o momento de esixir da Xunta medidas para garantir a sustentabilidade duns ecosistemas, as nosas rías, que xa están no límite da súa capaciade de carga.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA