Ven coñecer as praias de Moaña e descubrir a riqueza natural do seu litoral!
Ao longo deste percorrido achegarémonos á riqueza xeolóxica e natural das praias de Moaña, coñecendo a súa biodiversidade e a importancia de conservar estes espazos naturais. Ademais, realizaremos unha limpeza de residuos para contribuír á protección do litoral e concienciar sobre esta problemática.
Percorre con nós esta costa, descubre os seus valores naturais e participa activamente na súa conservación!
Prazas limitadas. Inscríbete xa!
A ter en conta
Punto de encontro: Monumento á Balea Anduriña (https://maps.app.goo.gl/aDKJYSh9FhxSzL6S9)

