Medio rural e montes
Presentación
Desde unha perspectiva ambiental, o noso rural integra factores sociais e físicos; sendo un sistema dinámico e integral no cal deben coexistir terra e persoas. O 98% da terra galega é de uso agrario, o 29% agrícola e o 69% montes. As tres cuartas partes dos nosos concellos son rurais e neles vive unha cuarta parte da poboación. Tendo en conta estes datos, o sistema rural é un dos piares nos que se desenvolve o noso medio e polo tanto un dos eixos nos que debemos centrar as nosas accións ambientais.
O sistema agroecolóxico funcionou de maneira sostíbel durante séculos no noso país. A día de hoxe as políticas no rural foron encamiñadas a reproducir un modelo produtivista agroexportador, alleo á nosa realidade. Fronte a isto, desde ADEGA apostamos por construír un rural sostible, contando coas persoas que viven nel e baseado na terra. Polo tanto, desde a perspectiva ambiental, é necesaria a intervención en por e para o medio rural. Se conservar a terra nos corresponde a todas as persoas, para conseguilo temos que:
– Construír en conxunto, planificar o territorio contando coas persoas que viven nel.
– Colocar cada cousa no seu sitio, sen que interfiran unhas noutras e sen afectar negativamente ao desenvolvemento do medio.
– Redistribuir a riqueza, o que supón que as zonas de riqueza económica achegen investimentos nas zonas de riqueza ambiental, da que se beneficia toda a sociedade.
– A diversidade é unha oportunidade de futuro, non un obstáculo. Ante esta premisa, o rural debe apostar pola multifuncionalidade.
– Construír en circuitos cortos, a través do comercio xusto local.
En definitiva as nosas propostas fundaméntanse en aproveitar a diversidade da nosa terra e vertebrar social e territorial do noso rural. Todo isto tendo en conta o principio da xestión comunitaria e a suma de esforzos co establecemento de alianzas nas que se fortaleza a acción a través de redes (un exemplo concreto o supón a nosa participación na Alianza por un rural galego vivo).
Nesta sección poderás atopar as accións desenvoltas por ADEGA a prol do noso rural no que se inclúe o traballo no eido de desenvolvemento rural, agroecoloxía, montes, transxénicos e consumo responsable.
Ligazóns
Descargas
Informes
- Informe Medio Rural – MINA ERIMSA MESÍA
- Le o artigo completo
- Sermos ADEGA nº 12
- A enerxía da biomasa en Galiza (Copena e Simón)
- Texto completo da ILP forestal (decembro 2017)
- Artigo Adela Figueroa EUCALIPTOS NOM, OBRIGADA
- Eólicos recurridos xudicialmente afectados polos lumes — Eólicos recorridos xudicialmente afectados polos lumes
- Texto da ILP Forestal de 2017
- Informe e propostas FORESTAL 2017 R. Varela
- Informe CONCELLO MESÍA ERIMSA
- texto da intervención parlamentar defensa ILP Bosque Autóctono
- Manifesto minaría Alianza Rural — Manifesto polo aproveitamento sustentábel dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante
Alegacións
- Texto completo das alegacións ao Plano Forestal
- Valoración directrices PLANO FORESTAL (doc. completo)
- Alegacións á tala da Carballeira de Arandedo de Constantín (Baralla)
- Alegacións á nova Lei de Caza (da Alianza por un rural galego vivo)
- Alegacións á nova Lei de Montes (da Alianza por un rural galego vivo)
Denuncias
- Denuncia Fiscalía LUMES 2022
- Modelo de denuncia DANOS ESCORRAS
- Auto cautelares PE Pena do Pico (anonimizado e subliñado) — Auto medidas cautelares PE Pena do Pico (anonimizado e subliñado)
- Denuncia de repoboación ilegal con eucaliptos no concello en Rábade
- Denuncia de repoboación ilegal con eucaliptos no concello de Begonte
- Denuncia de talas de dubidosa legalidade en Coeses (Lugo)
Vídeos
Non existe información asociada a esta sección
