Xa está á venda a Lotería de Nadal, co número 06619; e de Reis, co número 59161.

No caso da Lotaría de Nadal, as participacións son de 5 euros, dos que 1 euro será doado á organización para contribuír ao desenvolvemento da súa actividade. Cada talonario contén 25 participacións. Adquírea presencialmente en horario de mañá no local de ADEGA en Compostela (Avenida de Castelao, 20 – Baixo) ou Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 – Entrechán), ou fai a túa solicitude no teléfono 981570099 ou no correo xestion@adega.gal.

No caso da Lotaría de Reis, tamén podes adquirila no local de Compostela ou na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). As participacións son de 5 euros, dos que 1 irá destinado á Eira da Xoana.

Que haxa sorte! Grazas por participar.

Pásao

WhatsApp
Telegram
Correo
Bluesky
Facebook