Cultura e patrimonio
Presentación
Os estatutos de ADEGA recollen, no seu artigo 2, que a nosa entidade promove tamén a defensa do patrimonio e a cultura galegas, como expresión da interacción secular entre o territorio e os seus habitantes. Neste senso, ADEGA vén desenvolvendo unha variada programación de actividades nas que a defensa ambiental e o coñecemento da nosa diversidade natural vai sempre parella áo coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural (língua, literatura, arte, costumes e etnografía, historia…), particularmente do vencellado aos saberes populares. en colaboración con outras entidades e redes culturais.
Moitas destas actividades artéllanse arredor da Eira da Xoana,o equipamento cultural que ADEGA posúe no Alto Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada).
Esta infraestrutura composta por unha casa de labranza tradicional con varias fincas anexas pretende seo o centro de difusión dos saberes e a cultura tradicional, de coñecemento e dinamización cultural e de difusión das alternativas sustentábeis no medio rural.
A Eira da Xoana pretende funcionar como un Centro de Educación Ambiental e Patrimonial que dende o medio rural e para o medio rural achegue a cidadanía galega á cultura e o bon facer das nosas tradicións, retomando e divulgando os aspectos que fixeron que esta cultura fora sustentábel durantes séculos así como aportar ideas novas que melloren a situación do rural.

Ligazóns
Informes
- Sentenza 1
- Notificación da Consellaría de Cultura
- Informe-denuncia do Foro do Camiño presentado en ICOMOS-España
- Sermos ADEGA nº 7
- Manifesto e prego de sinaturas PEDREGAL DE IRIMIA — PEDREGAL DE IRIMIA, MONUMENTO NATURAL
- Sentenza 2
- Informe ambiental sobre Covas Vale
- Informe-denuncia complementario 2018
- Dossier danos XACEMENTOS LUGO
- Informe preliminar USC sobre Covas Vale
Alegacións
Denuncias
Non existe información asociada a esta sección
Vídeos
#SalvemosCovasVale. Asina polo estudo e protección integral das covas e da súa contorna
Asina polas Covas de Vale: https://youtu.be/DcS6W-RbLNY
As Covas de Vale, situadas no concello lucense de Baralla, están ameazadas por un proxecto mineiro aprobado en 2007 pola Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galiza, en conivencia co goberno local. Malia a estar inventariadas no catálogo de bens patrimoniais de Galiza, a tramitación do proxecto mineiro segue o seu curso e, por tanto, as covas tamén seguen en perigo. Asina esta petición de Change.org para que a Administración poña en valor estas covas e garanta a súa conservación.
