Faite socio/a

Súmate a ADEGA

O teu apoio como socio/a faranos máis fortes. Poderemos traballar con maior eficacia pola consecución dos nosos obxectivos.

Por que facerte socio/a

Participando en ADEGA contribuirás a que o ecoloxismo e a defensa do medio ambiente sexa máis influínte, apoiarás unha vía alternativa de desenvolvemento ecolóxico, loitarás contra a contaminación dos ríos e dos mares, do solo e do ar e favorecerás a conservación dos espazos naturais, da flora e da fauna.

Como socio/a de ADEGA

Revista CERNA

Quedarás subscrito/a á edición impresa da revista galega de ecoloxía e medio ambiente.

Materiais de ADEGA

Recibirás os materiais que editemos: folletos, calendarios…

Descontos

Gozarás de descontos nas actividades non gratuítas: roteiros, xornadas…

Documentación

Poderás acceder ao fondo de documentación dispoñible na Asociación.

Como facerte socio/a

Dáte de alta en dous minutos

Cobre o formulario: só leva un par de minutos. Os campos marcados con * son obrigatorios.

Aquí hai un formulario de Brevo. Ao cargalo, Brevo pode poñer as súas cookies e saber que visitas esta páxina.

Abrir en Brevo · Política de cookies

Se non ves o formulario, ábreo nunha xanela nova.

Prefires falar connosco? Chámanos ou escríbenos e axudámoste coa alta.

Descarga e difunde o tríptico «ADEGA coida da Terra» (PDF) →