Auga e ríos
Presentación
Nos últimos anos, e ao abeiro da normativa eléctrica e co beneplácito da anterior Xunta, proliferaron en Galiza as intencións de poñer ós nosos ríos ao servizo da producción de electricidade.
A enxurrada de encoros que trouxo consigo esta política constituíu o maoir atentado para os ecosistemas fluviais e representou a definitiva sentencia, letal para a vida dos nosos ríos, despois de terlles estragado a parte baixa cos grandes encoros que tanto dano produciron aquí para levar enerxía cara fóra.
A oposición de ADEGA ás minicentrais, fundaméntouse, entre outras, nas seguintes razóns:
- A falla de seriedade e rigor nas avaliacións dos impactos e o nulo seguimento dos efectos sobre oscursos fluviais das novas construccións.
- As previsións de autorizar un número desorbitado de novas minicentrais, que afectarían á práctica totalidade dos nosos ríos e nas zonas de maior importancia -as partes altas- para a súa conservación.
- A situación enerxética actual de Galiza, excedentaria de enerxía eléctrica,ea evidencia de xa ter pagado, cos grandes encorose coas minicentrais existentes,un altoprezo ambiental .
- A lexislación, até o de agora totalmente permisiva que facilitou a instalación de minicentrais en todo o territorio sen limitacións de ningunha caste.
- A xordeira crónica dos organismos competentes (Augas de Galiza, Consellería de Política Territorial,…) que non escoitaron a oposición de centos (milleiros en algúns casos) de cidadáns que pretenden preservar os ríos dos muros de formigón e conservalos para esta e as futuras xeracións.
- A implícita privatización dun ben público, o río, para beneficio exclusivo das empresas productoras de electricidade.
- A política enerxética da anterior Xunta, que tivo único obxectivo aumentar a producción e non entrar a considerar o aforro enerxético,que facilmente acadaría a cantidade de enerxía que se pretende producir coas novas instalacións.

ADEGA fixo un importante esforzo para dar coñecer á poboación en xeral este atentado contra o noso medio natural. Non queremos ser cómplices das agresións contra todo o noso sistema fluvial, nin queremos que a poboación, pola falla de información, quede exenta da responsabilidade que como cidadáns e cidadás temos no uso e trato do común patrimonio natural. O labor de ADEGA consiste en:
- Apoio á organización e/ ou promoción de colectivos directamente afectados.Apoio decidido, con medios materiais e humanos, a COGADER (Coordenadora Galega para a Defensa dos Rios).
- Alegacións a múltiples proxectos (que son rexeitadas sistematicamente pola Administración).
- Impulsora e promotora, xunto con outros colectivos socias, da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos
- Divulgando a importancia dos ecosistemas fluvias e creando unha rede cidadá activa no seguimento e vixianza do seu estado a través do Proxecto Ríos
- Denuncia perante a Comisión Europea da planificación hidroeléctrica.
- Charlas e conferencias sobre os efectos ambientais das minicentrais.
- Participación, a través das canles abertas pola Administración, formulando propostas e alternativas (aínda que a práctica ten demostrado que as comisións constituídas son un mero formalismo: a composición delas garante de entrada a prevalenza das posturas previas da Administración , que en ningún momento busca o consenso)
O Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos promovida por ADEGA.
Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade
Ligazóns
Descargas
Informes
- Sermos ADEGA nº 17
- Resolución CHMS extinción concesión Loña
- A problemática dos nitratos e as plantas de biogás/biometano: análise e propostas de ADEGA
- Revista Living River
- Informe ambiental de recomendacións da Xunta
- Informe de Augas de Galiza
- Interpretación análises Augas Touro-ADEGA
- Análises augas San Fins (ADEGA)
- Análises augas San Fins (Control Vertidos)
- Memoria Proxecto Ríos Galiza-Costa 2023
- Memoria Proxecto Ríos CHMS 2023
- Informe Proxecto Ríos 2013 — Preme nesta ligazón para coñecer o estado de saúde dos ríos galegos durante 2013, a través do Informe anual de Proxecto Ríos.
Alegacións
- Alegacións ADEGA PHGC 2021-2027
- Alegacións de ADEGA ao expte de autorización de modificación dos dispositivos de franqueo
- Alegacións ENDESA baleirado encoro
- Achegas de ADEGA ao PH Miño-Sil 2021-2027
- Escrito de petición de execución voluntaria presentado no Concello de Lugo
- Alegacións CAPTACIÓN ALTRI
- Modelo solicitude arquivo expediente augas ALTRI
- Alegacións ADEGA LEI PESCA CONTINENTAL
- Alegacións baleirado encoro ENDESA 2014-2017
- Modelo solicitude arquivo expediente augas RUÑA
- Alegacións de ADEGA contra o dique da fábrica da Luz
- Manifesto pola retirada do dique do río Miño
- Alegacións ADEGA central Salas-Cunchas
- Alegacións baleirado encoro ENDESA 2011
- Alegacións ás obras do Plan Paradai por afectar zona inundable (Lugo)
Denuncias
- Denuncia Fiscalía baleirado encoros
- Solicitude paralización das obras no Miño dirixida á Confederación Hidrográfica — Solicitude paralización das obras no Miñodirixida á Confederación Hidrográfica
- Análises San Fins (Augas de Galiza, 2017)
- Solicitude paralización das obras no Miño dirixida á Xunta
- Solicitude de apertura de dilixencias á Fiscalía polas obras no Miño
Vídeos
10 Anos de Proxecto Ríos
Vídeo conmemorativo do décimo aniversario do Proxecto Ríos onde facemos un resumo das actividades nas que o voluntariado pode participar, relacionadas coa formación do voluntariado e o coñecemento e estudo dos ecosistemas fluvias.
