28 de xullo de 2010. O Parlament de Catalunya ven de aprobar por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións a abolición das touradas após de 2012. Este fito histórico abre a porta para que outros territorios rematen definitivamente coa vergoñenta "festa nacional", que en Galiza, malia á ampla oposición social, ten aínda algúns redutos. Precisamente este sábado 31 en Pontevedra, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra mobilízase para denunciar a tortura convertida en espectáculo da “feria taurina”, demandando o cese de calquera promoción ou soporte público ás touradas, a modificación da lexislación para abolir a tauromaquia e a declaración de Pontevedra como cidade antitaurina e amiga dos animais.
|
Ler máis...
|
|
12 de xullo de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas é unha práctica cada vez máis estendida en Galiza. Estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos. A alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, que ademais contribuen a criar máis postos de traballo. Unha suposta "austeridade" mal entendida está a envelenar os ecosistemas, incrementando de paso o risco de lumes.
|
Ler máis...
|
Este 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Co tema deste ano, "OCÉANOS DE VIDA", a ONU chama a atención sobre a grande diversidade de vida nos mares e a importancia de protexela. No Ano Internacional da Biodiversidade, cómpre lembrar que os mares son a despensa da humanidade, moderadores do clima e amortecedores dos impactos do cambio climático. Pero estas funcións, fundamentais para o mantemento da vida na Terra están seriamente comprometidas polas actividades humanas. Sobrepesca, verteduras urbanas e industriais, mareas negras, acidificación polo exceso de emisións de CO2... Na Galiza, cun dos mares máis fecundos do planeta, seguimos ao cabo en protección dos esosistemas mariños.
|
Ler máis...
|
26 de maio de 2010. O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade unha moción do BNG pola que ínstase a Xunta a informar negativamente sobre a concesión "Salto do Suarna", no río Navia, e pide ao estado que decrete a caducidade da concesión, que data de 1963. Na sesión plenaria que tomou este acordo estiveron presentes en nome de ADEGA o seu secretario xeral Froilán Pallín xunto cunha representación dos veciños e colectivos locais afectados por esta infraestrutura. ADEGA agarda que o MMARM atenda o acordo unánime do Parlamento de Galiza, que a maiores demanda a declaración do Navia como río libre de aproveitamentos hidroeléctricos. ADEGA demanda tamén da Xunta que, en coerencia, decrete o "punto final" dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos.
|
Ler máis...
|
A Xunta vén de apresentar máis datos sobre o Plano de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020 (2.34 Mb) confirmando a forte aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo PXRSUG aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova planta incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda.
|
Ler máis...
|
En decembro de 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 22 de maio como Día Mundial da Biodiversidade, para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é "Biodiversidade, desenvolvemento e alivio da pobreza", para subliñar o papel da conservación e boa xestión da biodiversidade no benestar humano. Fronte ao discurso interesado de que o progreso (sobre todo o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación da biodiversidade pode e debe ser motor do desenvolvemento sustentábel, comezando polos propios habitantes dos lugares protexidos.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 Seguinte > Final >>
|
Páxina 45 de 47 |