Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A Xunta dinamita a protección do chan rústico nas leis do Solo e do Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta dinamita a protección do chan rústico nas leis do Solo e do Territorio a FaceBookEnvia A Xunta dinamita a protección do chan rústico nas leis do Solo e do Territorio a Twitter
2 de novembro de 2010. Malia á propaganda das DOT e do POL, a estratexia da Xunta de acoso e derrubo ao territorio protexido estase a executar silandeiramente. Desta volta aproveitando o caixón "de-sastre" da lei de acompañamento dos orzamentos de 2011, o PP pretende modificar a Lei do Solo (9/2002) e a Lei de Ordeamento do Territorio (10/1995). A chamada "lei de acompañamento" é un instrumento profusamente usado na era Fraga para modificar ás caladas lexislación varia, e que por exemplo, a Aznar valeulle para asestar en 2002 un machetazo á Lei de Costas que abríu a porta á especulación no litoral. Desta volta, Feijóo pretende suprimir na Lei 9/2002 6 categorías de chan rústico especialmente protexido (infraestruturas, augas, costas, espazos naturais, paisaxe e patrimonio) e eliminar na Lei 10/1995 a protección deste chan para permitir o desenvolvemento de proxectos sectoriais a discreción. O MILLORIÑO DE GALIZA, XA Á VENDA!
ÚLTIMA HORA: o PP "rectifica" e mantén os chans rústicos suprimidos por "erro". Está por ver...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O grupo parlamentar do PP ratifica a condea a morte do Umia PDF Imprimir Correo-e
Envia O grupo parlamentar do PP ratifica a condea a morte do Umia a FaceBookEnvia O grupo parlamentar do PP ratifica a condea a morte do Umia a Twitter
EUmia5b28 de outubro de 2010. No debate que sobre a situación do Umia tivo lugar este mércores no Parlamento, o grupo do PP opúsoxe a considerar a recuperación da concesión e o desmantelamento do encoro como medida definitiva para sanear o río e garantir a saúde da poboación. Resulta dunha absoluta inmoralidade que un día despois de aprobar na Lei de Augas de Galiza o canon que todos/as teremos que pagar para financiar  novas infraestruturas de tratamento e de depuración,  o PP defenda seguir soportando con cartos públicos os sobrecustos da potabilización da auga de Caldas e O Salnés, só para que o Sr. Cortizo manteña o seu negocio hidroeléctrico.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Estratexia de conservación da Xunta: 0 en protección, 0 en transparencia PDF Imprimir Correo-e
Envia Estratexia de conservación da Xunta: 0 en protección, 0 en transparencia a FaceBookEnvia Estratexia de conservación da Xunta: 0 en protección, 0 en transparencia a Twitter
27 de outubro de 2010. ADEGA vén de solicitar amparo ao Valedor do Pobo para que inste á Xunta a convocar con carácter urxente o Observatorio Galego da Biodiversidade. Este organismo consultivo, integrado polas 3 universidades galegas, ecoloxistas e a administración, leva sen reunirse 2 anos e 3 meses cando por lei debe facelo anualmente. As reiteradas peticións feitas por ADEGA, a SGHN e a USC, para tratar temas chave para a conservación da nosa biodiversidade seguen sen ser atendidas pola D. X. de Conservación. Esta actitude escurantista e autoritaria é froito da incompetencia e completa desidia que amosa a Xunta pola nosa natureza, precisamente no Ano Internacional da Biodiversidade. Espazos protexidos sen instrumentos de xestión, proxectos agresivos e lumes en Rede Natura, asalto urbanístico a Corrubedo, barra libre para a caza... Nestes intres, o principal risco para a biodiversidade galega é a Xunta! Queixa_VALEDOR (121 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano do Litoral: cando a excepción é a regra, non hai regras! PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano do Litoral: cando a excepción é a regra, non hai regras! a FaceBookEnvia Plano do Litoral: cando a excepción é a regra, non hai regras! a Twitter
18 de outubro de 2010. O POL, que a Xunta ten previsto aprobar antes de fin de ano, presenta tal cúmulo de indeterminacións, excepcións a arbitrariedades, que na práctica é coma se non existise. De entrada, os proxectos sectoriais vixentes (acuícola, eólico, portos deportivos, polígonos industriais, MOVE...) quedan fóra do POL. E os que se aproben en diante, en teoría afectados,  poderían ser obxecto de excepción a criterio da Xunta (p. ex. o proxecto sectorial para legalizar as urbanizacións de Barreiros, agora a exposición pública). O POL non existe para Pescanova, Stolt, Iberdrola, Fenosa, etc. pero sí para os concellos... anque novamente con excepcións: de entrada, aos chans urbanos consolidados e de núcleo rural non lles afecta o POL; e aos solos urbanizábeis (p. ex. Barreiros) e urbanos non consolidados con ordeamento detallado (p. ex. algúns grandes polígonos en Sanxenxo), tampouco. E polo que respeita aos terreos afectados polo POL, dentro da categoría de "mellora ambiental" permítense excepcionalmente asentamentos fundacionais, desenvolvementos periféricos, asentamentos funcionais e agregados urbanos. Dixera Feijóo que o POL non viña a proibir senón a ordenar. Pois ben, á vista do documento, o POL nen proíbe, nen na práctica tampouco ordena. Baixa as Alegacións_ADEGA-POL (162 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Decreto do carbón: freo e marcha atrás na loita contra o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Envia Decreto do carbón: freo e marcha atrás na loita contra o cambio climático a FaceBookEnvia Decreto do carbón: freo e marcha atrás na loita contra o cambio climático a Twitter
14 de outubro de 2010. O decreto que subvenciona a queima de carbón estatal é unha fraude á cidadanía e ao ambiente que pagaremos todos/as. A recente convalidadión por parte da Comisión Europea do decreto español 134/2010 de axudas ao carbón, que vai primar a queima de carbón estatal fronte ao importado e os ciclos combinados, é a confirmación do retroceso xeralizado das políticas activas de loita contra o cambio climático. A substitución da electricidade suxa do carbón, independentemente da procedencia deste, debería ser unha prioridade na loita contra o cambio climático. A normativa aprobada polo goberno español e refrendada pola CE non é máis que un subsidio encoberto ás térmicas máis contaminantes que contradí a estratexia “Europa 2020” e non garante o futuro dos traballadores do sector alén do 31 de decembro de 2014.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta e ECOEMBES tentan sabotar a planta de compostaxe do Barbanza por reciclar demasiado PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta e ECOEMBES tentan sabotar a planta de compostaxe do Barbanza por reciclar demasiado a FaceBookEnvia A Xunta e ECOEMBES tentan sabotar a planta de compostaxe do Barbanza por reciclar demasiado a Twitter
euroembes6 de outubro de 2010. ECOEMBES, o sistema de xestión do contentor amarelo, pretende pagar só unha parte dos materiais reciclados nas plantas de tratamento. ECOEMBES quere evitar o pago de todo o plástico tipo film (PEBD) que supere a media estatal de reciclaxe, utilizando trécolas contables e contradicindo a  Lei de Envases. A lei 11/1997 di que “os Sistemas Integrados de Xestión deben pagar os materiais recuperados das plantas de tratamento” en función de parámetros de calidade e non de cantidade. A planta do Barbanza recibiu en 2009 un Certificado (39 Kb) (precisamente de ECOEMBES) acreditando que é a instalación coa maior taxa de recuperación por habitante do estado. Agora ECOEMBES, coa connivencia da Xunta, pretende subvertir a filosofía do "punto verde" que premia a recuperación de envases pola de "se reciclas demasiado, non cobras".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 Seguinte > Final >>

Páxina 42 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA