Martes, 17 de novembro de 2026
Novas Delegación Lugo
Auga e ríos Conservación Territorio Medio rural Contaminación Enerxía e clima Educación Patrimonio Custodia Pacifismo
-

ADEGA denuncia rozas con maquinaria pesada nunha zona húmida en Castroverde
ADEGA vén de presentar denuncias ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), o Concello de Castroverde e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (DXPC) polos traballos de roza con maquinaria pesada que se están…
3 de novembro de 2026
-

ADEGA-Lugo presenta un recurso contra o desenvolvemento do plan parcial S5I, que afecta ás nacentes do Rato
ADEGA-Lugo emprende accións xudiciais contra a ampliación do polígono industrial proxectada sobre a cabeceira do río Rato. A asociación acadou o obxectivo mínimo de recadación necesario para defender nos tribunais este espazo natural. En…
14 de outubro de 2026
-

ADEGA-Lugo pecha a campaña “Río Rato sen cemento” cunha foliada solidaria en Reque
ADEGA-Lugo celebrará este sábado 26 de setembro o acto de peche da campaña de recadación “Río Rato sen cemento”, posta en marcha para financiar a defensa xudicial das nacentes do río Rato fronte a…
24 de setembro de 2026
-

ADEGA-Lugo pide un impulso final nas doazóns para recorrer nos tribunais a cementación das nacentes do río Rato
A campaña «Río Rato sen cemento» entra na súa recta final: quedan 15 días e menos de 4.000 euros para acadar o obxectivo.
15 de setembro de 2026
-

ADEGA reclama unha avaliación ambiental ordinaria para as baterías Belesar I e II ante a acumulación de proxectos enerxéticos na Ribeira Sacra
A organización alerta da afección sobre a Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra, as nacentes do río de Tarrío e un territorio xa sometido a unha forte concentración de infraestruturas eléctricas.
14 de setembro de 2026
-

ADEGA-Lugo logra paralizar as obras de ampliación dunha granxa en Castroverde e reclama recuperar a zona húmida afectada polos recheos
O Concello inicia actuacións tras a denuncia da organización ecoloxista polos movementos de terras en Cellán de Mosteiro. ADEGA esixe agora a restauración da zona húmida, na que se atopan as nacentes dun regato…
11 de setembro de 2026
-

ADEGA-Lugo reafirma o seu compromiso histórico coa defensa do territorio fronte á especulación urbanística de Barreiros
A asociación sinala que a súa posición é a mesma en Barreiros que en calquera outro concello: defender o cumprimento da normativa e unha planificación urbanística responsable que evite a degradación permanente do medio…
4 de setembro de 2026
-

ADEGA denuncia que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil difunde información enganosa sobre o uso público da servidume do río Miño en Lugo
A delegación de ADEGA en Lugo considera inaceptable que un organismo público manipule o contido da normativa para restrinxir o dereito da cidadanía ao paso público. Denuncia tamén a vulneración dos dereitos lingüísticos ao…
30 de xullo de 2026
-

A campaña “Río Rato sen cemento” reúne os primeiros 6000 € para defender as nacentes do río nos tribunais
A campaña de doazóns impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan parcial S5I vén de acadar a metade do obxectivo total de recadación, que ascende a 12000 €.
28 de xullo de 2026
-

ADEGA-Lugo denuncia que o Plan Parcial S-5.I incumpre a normativa urbanística e ambiental
A asociación alerta de que o proxecto pretende alterar e canalizar as nacentes do río Rato malia que a normativa urbanística e ambiental obriga á súa conservación no estado máis natural posible.
23 de xullo de 2026
-

A veciñanza comproba sobre o terreo o valor ambiental das nacentes do Rato, ameazadas polo Plan Parcial S-5I
ADEGA-Lugo organizou na tarde deste xoves unha visita guiada ás nacentes do río Rato, coa participación de veciñanza da contorna e representantes de diferentes colectivos sociais e ambientais, co obxectivo de dar a coñecer…
17 de xullo de 2026
-

Lugo podería perder a oportunidade de completar o cinto verde arredor da cidade
ADEGA-Lugo denuncia que a urbanización das nacentes do río Rato suporía un erro irreversible nun contexto de crise climática e de perda de espazos naturais urbanos
15 de xullo de 2026
-

ADEGA-Lugo alega contra a macrogranxa porcina proxectada en Palas de Rei e pide a nulidade da súa tramitación
A asociación denuncia que a documentación sometida a información pública é incompleta, insuficiente e incumpre os requisitos legais esixidos pola normativa ambiental.
14 de xullo de 2026
-

ADEGA-Lugo solicita revisar licenza da planta de CSR de Votorantim pola ausencia da autorización da Confederación Hidrográfica
A organización pide tamén a suspensión cautelar das obras mentres non se aclare a súa legalidade, ao afectar a un curso de auga e ás súas zonas de protección.
7 de xullo de 2026
-

ADEGA celebra a DIA desfavorable do parque eólico Navallos e reclama frear a saturación eólica na montaña lucense
ADEGA celebra a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable emitida pola Xunta de Galiza para o parque eólico Navallos, promovido por Enel Green Power nos concellos de Castroverde e Baralla.
12 de xuño de 2026
-

ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais
ADEGA-Lugo vén de presentar ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia unha solicitude formal de revisión da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da liña de alta tensión de…
2 de xuño de 2026
-

ADEGA-Lugo alega aos proxectos de almacenamento eléctrico por baterías Belesar I e II en Chantada
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de presentar alegacións ao proxecto GRX Belesar II de almacenamento eléctrico mediante baterías previsto no concello de Chantada.
12 de maio de 2026
-

ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do perigo inminente que sofren os petróglifos de Parada e outros bens arqueolóxicos en Outeiro de Rei
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de comunicar á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a situación de grave risco que afecta varios bens arqueolóxicos situados na zona de Parada, parroquia de Parada, no concello de…
13 de abril de 2026
-

ADEGA e a Comunidade de Montes Coto das Louseiras reclaman a paralización da explotación mineira de Pizarras Universal na Pastoriza
ADEGA e a veciñanza de Xemil (Bretoña, A Pastoriza) reclaman á Consellería de Economía e Industria a paralización inmediata da explotación mineira de Pizarras Universal , ante os reiterados incumprimentos legais e ambientais detectados…
18 de marzo de 2026
