O vindeiro sábado 22 de abril realizamos no IES de Brión o XXXVI Curso de Formación do Proxecto Ríos que desta volta adicaremos a achegarnos á ilustración científica e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais. As prazas son limitadas e é preciso inscribirse.
Faremos unha iniciación á Ilustración Científica da man de María Viñas, ilustradora, que nos contará a súa traxectoria e realizaremos un pequeno obradoiro práctico.
Para inscribirse manda un correo a proxectoriosgaliza@gmail.com ou chama ao 981 57 00 99 / 627 628 194. Programa do curso:
- 10:00 Recepción e entrega de material
- 10.15 Estado do Proxecto Ríos
- 10:30 Iniciación á Ilustración Científica. María Viñas. Ilustradora
- 11:30 Saída ao río e identificación de macroinvertebrados no laboratorio
- 14.30 Clausura do curso

