CURSOS DE FORMACIÓN

Organízanse dous cursos de formación ao ano, un en primavera e outro en outono, para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de inspección do proxecto ríos, nomeadamente, na identificación de macroinvertebrados, pezas chave no estudo da calidade dun ecosistema fluvial.
Ademais se tratan temas de interese que teñen que ver coa conservación e coñecemento dos nosos ríos.
- Curso formación Primavera 2011 [PDF]
- Curso formación Outono 2011 [PDF]
- Curso formación Primavera 2012 [PDF]
- Curso formación Outono 2012 [PDF]
- Curso de formación Primavera 2013
- Curso de formación Outono 2013 [PDF]
- Curso de formación Primavera 2014 [PDF]
- Curso de formación Outono 2014 [PDF]
- Curso de formación Primavera 2015 [PDF]
- Curso de formación Outono 2015 [PDF]
- Curso de formación primavera 2016 [PDF]
- Curso de formación outono 2016 [PDF]
ENCONTROS DE VOLUNTARIADO

Espazo no que os participantes son os protagonistas.
Trátase dunha xornada na que o voluntariado ten a oportunidade de expoñer, diante doutros grupos de voluntariaos/as as actividades que realizan no seu río, co obxectivo de compartir experiencias.
En 2014 celebramos unha festa con motivo do décimo aniversario do proxecto. En 2015 démoslle un novo aire ao encontro de voluntariado facendo unha descuberta de biodiversidade (Bioblitz) na contorna fluvial, actividade que continuaremos en anos vindeiros.
- Encontro de Voluntariado 2011 [PDF]
- Encontro de Voluntariado 2012 [PDF]
- Encontro de Voluntariado 2013 [PDF]
- Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos. Xuño 2014 [PDF]
- Bioblitz e Encontro de Voluntariado 2015 [PDF]
- Bioblitz e Encontro de Voluntariado 2016 [PDF]
ROTEIRRÍOS

Programa de roteiros do proxecto ríos nos que se pretende dar a coñecer a riqueza fluvial do noso país.
Cada ano se organizan arredor dunha temática concreta: patrimonio etnográfico, ríos de montaña, biodiversidade fluvial, etc.
- Roteirríos 2012 – Sarga (Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia) [PDF]
- Roteirríos 2012 – Rastros e pegadas [PDF]
- Roteirriós 2013 – Río Lérez [PDF]
- Roteirríos 2013 – Canóns do Sil e do Mao [PDF]
- Roteirríos 2013 – Río Limia [PDF]
- Roteirríos 2014 – Río Tambre [PDF]
- Roteirríos 2015 – Río Támega [PDF]
- Roteirríos 2016 – Río Arnego [PDF]
XORNADA RÍOS E PATRIMONIO MINEIRO

Nesta xornada divulgouse o patrimonio mineiro fluvial como recurso turístico e didáctico no río Sil e afluentes.
