O vindeiro sábado, 19 de xullo, e o mércores, 23 de xullo, tes unhas citas co medio ambiente no Concello de Muros. Imos eliminar flora exótica invasora no espazo natural da Praia de Ancoradoiro. Se queres pasar unha boa xornada nunha contorna privilexiada e poñer o teu gran de area, únete a algún destes voluntariados!
🔗 As actividades requiren inscrición previa:
- Formulario para anotarse ao voluntariado do sábado, 19 de xullo: https://forms.gle/ZA6byaBLMHBrx1999
- Formulario para anotarse ao voluntariado do mércores, 23 de xullo: https://forms.gle/nzZXWUJU2cHBoUgh7
Únete!


