Adega
INICIO Últimas novas Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige
Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige PDF Imprimir Correo-e
Envia Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige a FaceBookEnvia Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige a Twitter

Con motivo do xuízo do Prestige, os compañeiros/as de Ecologistas en Acción veñen de propoñer unha “protesta 2.0” para denunciar aos responsábeis da marea negra que non van render contas no xuízo pola catástrofe medioambiental. Mariano Rajoy, José María Aznar, Miguel Arias Cañete, Jaume Matas, Francisco Álvarez-Cascos e o Partido Popular comezan a deitar petróleo cando os seus momes aparecen na pantalla do teu computador. A mancha está a estenderse polas redes sociais, os buscadores e as webs dos medios de comunicación.

 

Instala ti tamén esta extensión para o Mozilla Firefox e contribúe a manchar de chapapote a aqueles que non están no banco dos acusados, apesar de que a súas decisións provocaron un desastre ecolóxico de dimensións históricas.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA